Este artigo trata sobre a planta, para o caranguexo ver artigo centola.
O cáncaro ou panqueixo (Primula vulgaris sinónimo P. acaulis (L.) Huds.) é unha especie de planta herbácea perenne da familia das primuláceas, de follas basais pilosas polo revés e flores amarelas. É común en Galiza nos valados, fragas e en xeral lugares frescos e sombrizos, preto dos ríos.
Tamén recibe os nomes dialectais de cáncere, cancro e primavera.
Distribución É nativa do oeste e sur de Europa (dende as Illas Feroe e Noruega até o sur de Portugal, e leste de Alemaña, Ucraína, Crimea, e os Balcáns), noroeste de África (Alxeria), e suroeste de Asia (Turquía e leste de Irán).Flora Europaea: Primula vulgarisGermplasm Resources Information Network: Primula vulgaris
Descrición É unha especie perenne, cunha roseta laxa de follas oblanceoladas a ovais, engurradas, irregularmente dentadas. Flores recendentes, de cor amarela pálida co centro máis escuro, que abrochan individualmente en rabiños áfilos de longos pelos, que saen da roseta foliar. Corola 2–4 cm de diámetro, con pétalos estendidos; cáliz tubular, angular, de lóbulos agudos lanceolados. Florea cedo na primavera, unha das primeiras flores que o fai en Europa, de aí o nome inglés (Primrose que vén do francés antigo primerose e á súa vez do latín medieval prima rosa, significando primeira 'rosa'New Shorter Oxford English Dictionary, 1993).
Hábitat Medra en bosques, fragas, prados, ribeiras herbáceas, cantís e montañas. Normalmente preto dos ríos no sur de Galicia.
miniatura|240px|Flor na primavera.
Taxonomía Primula vulgaris foi descrita por William Hudson e publicado en Fl. Angl. 70 1762. en Trópicos
Subespecies Ten tres subespecies: Primula vulgaris subsp. vulgaris. Oeste e sur de Europa. Flores amarelas pálido. Primula vulgaris subsp. balearica (Willk.) W.W.Sm. & Forrest Illas Baleares (endémica). Flores brancas. Primula vulgaris subsp. sibthorpii (Hoffmanns.) W.W.Sm. & Forrest. Balcáns e suroeste de Asia. Flores rosas, vermellas ou púrpuras. Sinonimia Primula acaulis (L.) Hill Primula veris var. acaulis L.
En Galiza descríbese coma: Primula vulgaris Huds., Primula acaulis (L.) L. subsp. acaulis ou P. grandiflora Lam. - PLANELLAS 1852; MERINO 1906; PAU 1921; SILVA PANDO 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996; CASTROV. & al. 1997.
Pode hibridar coas primaveras mercadas doutras cores.
O cáncaro na cultura galega A seguir o poema de Juan Barcia Caballero:
Está o chan revestido / de soaviña de musgo verde alfombra / de cáncaros e rosas sementada.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Primula
Categoría:Primula Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flores