Caipirinha é o cóctel nacional do Brasil, feito con cachaza ( licor de cana de azucre dura), azucre e lima. A cachaça é a bebida alcohólica destilada brasileira máis común (tamén coñecida como Pinga ou Caninha). O ron e a cachaça están feitos de produtos derivados da cana de azucre. A cachaça e o resultado da fermentación do zume da cana de azucre que logo é destilado.
Receita 1 copa de cachaça Azucre de cana lima ou limón verde
Preparar directamente nun vaso ancho e baixo. Espremer un pouco de limón e mesturar ben co azucre. Cortar as limas en anacos e deitalos no vaso. Engadir abundante xeo picado e azucre ao gusto. Machucar co morteiro de man ata conseguir sacar todo o zume da lima. Engadir a cachaça e servir ao momento.
Historia Hai moitas historias sobre a orixe da caipiriña. O máis coñecido é o que se inicia ao redor de 1918, no estado de São Paulo. A caipiriña como a coñecemos hoxe en día creouse a partir dunha receita popular feita con limón, allo e mel, indicado para pacientes de gripe española, e que, hoxe en día, aínda se utiliza para curar os pequenos arrefriados. Como era bastante común poñer un pouco de alcol en calquera menciña caseira para acelerar o efecto terapéutico, o ron era de uso común. "Ata que un día alguén decidiu retirar o allo e o mel. Logo engadiu unhas culleradas de azucre para reducir a acidez do limón. O xeo veu despois, para evitar a calor", explica Carlos Lima, director executivo do IBRAC (Brazilian Institute of Cachaça).http://www.drinquepedia.com/drinques/historia?drinque=146
Popularidade A caipiriña é o cóctel nacional do Brasil,. e gózase nos restaurantes, bares, e moitos fogares de todo o país. Unha vez case descoñecido fóra do Brasil, a bebida volveuse máis popular e dispoñible nos últimos anos, en gran parte debido á dispoñibilidade cada vez maior de marcas de cachaça de primeiro nivel fóra do Brasil. A International Bartenders Association designouno como un dos seus cócteles oficiais.
Nome A palabra caipirinha é o diminutivo da palabra caipira, que se refire a alguén do campo, que ven a ser un pailán ou paifoco. A palabra pode ser utilizada xa sexa como masculino ou feminino, pero cando se fai referencia a esta bebida é unicamente feminino (o uso de diminutivos é común no Brasil). No vocabulario brasileiro, a palabra caipirinha asóciase sobre todo coa bebida en si en lugar da clase de persoa.
Variacións O termo caipiriña utilízase ás veces para describir calquera bebida de cachaça con zume de froitas (por exemplo, unha caipiriña maracuyá, caipiriña de kiwi ou caipirinha de fresa). Caipifruta é unha bebida de caipiriña moi popular no Brasil, que consta de cachaça, froitas frescas esmagadas (xa sexa por separado ou en combinación), e xeo picado. As froitas máis populares utilizadas para crear caipifrutas son mandarina, lima, kiwi, froita da paixón, piña, limón, uva e manga. Caipisake (feito con sake en lugar de cachaça) tamén se está facendo máis popular, máis comunmente con fresas ou kiwi. Caipiroska (feito con vodka en lugar de cachaça). Moi popular en Finlandia e Suecia.
miniatura| Lima, cana de azucre, cachaça e xeo picado: son os ingredientes típicos dunha Caipiriña
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Cachaça Daiquiri – Cóctel semellante Cubano Sour (cocktail) Ligazóns externas
Categoría:Cóctel Categoría:Gastronomía do Brasil