Kotka (en finés e sueco; en ) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Kymenlaakso ao sur do país, a uns 50 km da fronteira rusa. A súa poboación ascende a 87.323 habitantes segundo o censo de 2012. É un dos portos máis activos do país por detrás da capital, Helsinqui.

Na batalla naval de 1789 entre Rusia e Suecia afundíronse máis de 1000 barcos nas proximidades do porto, e os seus restos déronlles boas ganancias aos buscadores de tesouros.

Cidades irmás Kotka está irmandada con 10 cidades doutros países:

Landskrona, Suecia Glostrup, Dinamarca Fredrikstad, Noruega Tallinna, Estonia Greifswald, Alemaña Lyypekki, Alemaña Gdynia, Polonia Kronstadt, Rusia Klaipėda, Lituania Taizhou, China

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Kymenlaakso