O alawa é unha lingua australiana que se fala en Hodgson Downs e noutros asentamentos achegados, no curso alto dos ríos Cox e Arnold, preto do río Roper, na Terra de Arnhem, Territorio do Norte. Segundo o censo de 2016, tiña 4 falantes. O alawa está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Estudos e publicacións Entre 1966 e 1968 a lingüista Margaret Sharpe estudou a lingua, froito deste traballo foi a publicación de Ninda nanggaya Alawirryunu (1976), historias alawas en alawa, kriol e inglés. Alawa song buk (1991), Alawa Wanggaya: Alawa-Kriol-English Dictionary (1999) e Ruwu Alawirryunu (Libro das plantas en alawa) (2001). En 2003 o lingüista Greg Dickson publicou o libro Stori brom det dubala dog, Ngalima en Ngabalarra (Historia de dous cans, Ngalima e Ngabalarra) e axudou a establecer clases de alawa na escola local de Hogson Downs.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia
Ligazóns externas O alawa no Ethnologue Blog dun lingüista que traballa entre os alawa (en alawa, inglés e kriol)
Categoría:Linguas gunwingguan Categoría:Linguas de Australia