miniatura|400px|Acuario
Un acuario é un recipiente, xeralmente de vidro ou doutros materiais transparentes, como o metacrilato, e os máis sofisticados dotados de compoñentes mecánicos que fan posible a recreación dun ambiente subacuático de auga doce, mariña ou salobre e albergar vida correspondente a eses ambientes, como peixes, invertebrados, plantas etc.
No acuario as condicións ambientais son estables e controladas, e están adecuadas para a vida dos organismos que van vivir nel. Os acuarios máis sofisticados poden acubillar un auténtico arrecife mariño, estando dotados de sistemas de iluminación especiais, bombas, xeradores de ondas, filtros físicos, biolóxicos e químicos, control de temperatura, bombas dosificadoras de elementos, reactores, medidores de parámetros etc.
Etimoloxía A palabra acuario provén do latín aqua, que significa 'auga', mais o sufixo -rium, que significa 'lugar, edificio'.
Prácticas antigas miniatura|Peixe nun acuario O coidado de peixes en contornas pechadas ou artificiais é unha práctica cun profundo arraigo na historia. Os sumerios antigos eran coñecidos por manter peixes en estanques, antes de preparalos para comer. Na China, crese que a reprodución selectiva da carpa, que derivou nos hoxe populares koi e carpa dourada comezou hai máis de 2 000 anos. Atopáronse descricións do peixe sagrado Oxyrhynchus na arte exipcia antiga. Moitas outras culturas tamén teñen unha historia de cría de peixes tanto para propósitos funcionais como decorativos. Os chineses gozaban dos peixes de cores en recipientes cerámicos grandes durante a dinastía Song.
Recipientes de vidro O concepto dun acuario, deseñado para a observación de peixes nun tanque pechado e transparente, para ser gardado no interior, xurdiu máis recentemente. Con todo, é difícil de concretar con precisión a data exacta deste desenvolvemento. No século XVIII, o biólogo Abraham Trembley conservou unha hidra que atopou nas canles do xardín 'Sorgvliet' nos Países Baixos, en grandes naves cilíndricas de vidro para o seu estudo. Polo tanto, considérase que o concepto de manter vida acuática en contedores de vidro data de entón.
Finalidade Sendo os peixes animais moi unidos ao seu medio ambiente, todo acuario deberá intentar proporcionarlles un biótopo adaptado ás súas necesidades (natureza da auga, temperatura, espazo dispoñible etc.) ós seus habitantes.
Segundo o obxectivo desexado, o acuario pode ser decorativo, científico etc.
Fabricación Os acuarios posúen polo menos unha cara transparente, de vidro ou plástico (polimetacrilato etc.).
Aínda que existen acuarios cuxa estrutura é de poliéster, de formigón ou outros materiais, os acuarios máis correntes son de vidro. Nas últimas décadas están tendo moito auxe materiais plásticos como o plexiglás. Estes materiais son máis lixeiros e resistentes, pero amarelecen co tempo, polo que non son moi recomendables. Ata os década dos 70, a maioría dos acuarios de vidro ensamblábanse con esquinas metálicas, pero agora simplemente os cristais péganse con silicona.
Tipos De xeito xeral, e segundo a concentración en sales minerais da auga, os acuarios divídense en: Acuarios de auga doce (concentración salina de < 0,5%), que simula un ambiente lacustre ou fluvial; Acuarios de auga salgada (concentración salina de 5%-18%), que simula un ambiente mariño ou oceánico; e Acuarios de auga salobre (concentración salina de 0,5%-5%), que simula os ambientes intermedios en canto a concentración salina, por exemplo albufeiras ou estuarios.
Pero, máis detalladamente, a acuariofilia distingue varios tipos de acuarios segundo a súa finalidade: Acuario de comunidade - onde viven peixes e plantas de diversas especies, independentemente da súa lugar de orixe. Obviamente, agrúpanse tendo en conta que as características ambientais que precisan son as mesmas. Acuario de especie individual - son acuarios destinados á cría dunha determinada especie de peixe. Este acuario require unha contorna moi específica, adecuada ó peixe. Diferénciase do acuario de cría en que non ten fins de selección de raza ou comerciais. Acuario de biótopo - onde están reunidos peixes e plantas que pertencen a un mesmo hábitat, co fin de recrear un determinado ambiente. Acuario de reprodución - As súas condicións ambientais tratan de facilitar a reprodución dunha ou varias especies de peixes. Acuario de cría- destinado á cría dunha soa especie de peixe por motivos de selección de raza ou con fins comerciais. Acuario holandés - é unha preparación especial do acuario, que ten a súa orixe nos anos 70. Prevé un gran cultivo de plantas acuáticas, que cobren case todo o tanque, a miúdo non ten presenza de peixes.
Para rematar, atendendo á temperatura da auga, podemos distinguir tres tipos de acuarios: O acuario morno; nel a temperatura oscila entre 18º e 22 °C aproximadamente. Durante os meses de inverno, unha resistencia eléctrica impide que a temperatura baixe por baixo dos 15 °C. Utilízase sobre todo para peixes exóticos resistentes. O acuario tropical; é indiferente a concentración salina da auga, pode ser tanto doce como salgada. É quentada por un sistema de termorregulación. A temperatura flutúa entre 23º e 28 °C aprox., grazas ó uso de resistencias eléctricas, e é regulada por un termóstato.
Accesorios Sistema de filtración nun acuario típico: (1) Entrada. (2) Filtración mecánica. (3) Filtración de carbono activo. (4) Medio de filtración biolóxica. (5) Saída á reserva. miniatura|256px| Sistema de filtración nun acuario típico: (1) Entrada. (2) Filtración mecánica. (3) Filtración de carbono activo. (4) Medio de filtración biolóxica. (5) Saída á reserva.
Se é posible conservar peixes vivos un certo tempo nun pouco de auga sen ningunha axuda tecnolóxica, as condicións de vida serán moi deficientes, por iso todo acuario débese equipar correctamente.
Filtración É vital que a auga do acuario circule, quítenselle as impurezas e estea bioloxicamente depurada. Para facer isto, utilízase unha bomba de auga, que abasteza correctamente as masas de filtración, asegurando a filtración mecánica, e a desintoxicación biolóxica, pola acción de bacterias ou de materiais absorbentes.
A mestura da auga implica tamén unha función osixenante e permite recrear certos medios de vida axitados.
Iluminación Co fin de ben ver os peixes, de darlles un biorritmo diario e de asegurar a fotosíntese das plantas, un acuario débese iluminar correctamente.
O método aparentemente máis simple é o de utilizar a luz do día, pero isto ten numerosos inconvenientes: fai moverse ás algas filamentosas pola falta de control da intensidade luminosa, os peixes teñen cores máis apagadas etc.
Por estas razóns, débese iluminar o acuario por medio de lámpadas, habitualmente reguladas por unha agulla dos minutos axustada dunha decena de horas a unha ducia de horas por día. O mellor método é utilizar lámpadas fluorescentes hortícolas ou outras lámpadas especiais adaptadas ás necesidades das plantas tanto en calidade como en cantidade.
Climatización Para manter unha temperatura tropical, o que lle convén ós peixes exóticos, téñense que utilizar sistemas de climatización, compostos dunha resistencia e dun termóstato. No caso de peixes de auga fría, o procedemento é inverso, é preciso utilizar un sistema de refrixeración.
Poboación
Chan O chan do acuario adóitase recubrir de grava fina. Algúns centímetros son suficientes para permitir a fixación das plantas.
No caso da auga doce, débense evitar as substancias calcarias, mentres que o acuario de auga de mar dotarase de area coralina, que permite estabilizar a calidade da auga. Convén prescindir das areas artificiais, así como das pedras pintadas.
Auga A auga pode ser a da billa, a condición de que se modifique segundo as necesidades. Os peixes de auga moi doce (cunca do Amazonas, por exemplo) necesitan, xeralmente, unha dulcificación, esta pode ser realizada mediante un osmotizador. Os peixes de augas duras (lago Malawi, por exemplo) requiren un suplemento de sales especiais. A adición de pedras calcarias pode ser unha solución. Os peixes de auga de mar necesitan un suplemento de sal, preferentemente engadido a unha auga correctamente depurada, por exemplo por osmose.
No caso dunha auga clorada ou que conteña metais pesados, existen no mercado produtos neutralizantes que poden mellorar a súa calidade. É igualmente posible evacuar o cloro deixando repousar a auga nun recipiente aberto algúns días antes da súa utilización.
Decoración Todas as clases de decoracións son posibles.
Dealle preferencia ós materiais naturais ou aparencia natural: rolla, raíces de turbeira etc. En relación ás raíces de turbeira, pode ser conveniente fervelas antes de poñelas na auga para liberalas de posibles taninos que puidesen enturbar a auga.
Certas especies aprecian o poder agacharse (Loche Clown, por exemplo) ou empregan o seu medio para poñer e protexer os seus ovos. É conveniente entón realizar acubillos con pedras (pódese utilizar tamén medio coco ou un bote de flores..., de antemán ben limpados).
O cristal de detrás pode ser enmascarado por unha decoración de poliéster resinado-enarenado, ou por un cartel que represente unha foto de acuario, co fin de aumentar o efecto de profundidade.
Plantas As numerosas especies de plantas adóitanse comercializar nas tendas especializadas. Desconfíe das plantas capaces de manterse dereitas fóra da auga: a miúdo trátase de plantas non acuáticas que se mergullaron polo seu valor estético (a miúdo plantas con raias brancas ou vermellas).
Non poña nunca plantas artificiais no seu acuario; as que están feitas de plástico recóbrense moi rapidamente de algas e se se omite o mantemento, vólvense unha cepa resistente de algas. ¡A única escapatoria é tirar a planta artificial!
Non plante nos acuarios de auga doce en exceso para permitir a reciclaxe dos refugallos nitroxenados.
Para auga de mar, pódense atopar varias especies de algas no mercado (Caulerpa, por exemplo).
Animais Nun acuario de auga doce, mantéñense esencialmente peixes. Pódense introducir igualmente algúns invertebrados: gasterópodos, moluscos etc.
Na auga do mar, poden instalarse numerosos invertebrados: ourizos de mar, anémonas, espirógrafos, corais, esponxas, ademais dos peixes.
Con todo, é necesario evitar a superpoboación do acuario.
Mantemento Un acuario correctamente instalado e poboado require pouco mantemento. Renovación de auga: unha renovación regular dunha parte da auga (por exemplo 1/3 cada dúas semanas) permite eliminar os desperdicios orgánicos. Procédese normalmente por sifonaxe, aspirando a auga preto do chan, co fin de eliminar pola mesma operación os desperdicios sólidos. Limpeza dos cristais: un raspador permite devolver a súa transparencia habitual ós cristais. Limpeza das plantas: as plantas manchadas por algas débense limpar a man. Limpeza do chan: trasladando o chan por medio dunha campá transparente, pódense extraer os desperdicios que se atopan alí e permitir a circulación de auga. Fertilizar as plantas (a base de ferro orgánico, basicamente) Alimentación dos peixes, a base de alimentos frescos, conxelados ou vivos (daphnias, artemias?).
Por que
Renovar a auga miniatura|300px É necesario efectuar cambios de auga regulares nun acuario.
Xa que se as bacterias se encargan de degradar o amoníaco e os nitritos en nitratos, estes últimos acumúlanse ós poucos no acuario, podendo alcanzar valores importantes que poderían ser tóxicos para os peixes. A taxa de nitratos debe ser sempre inferior a 50 mg/l.
Os nitratos son consumidos polas plantas acuáticas e polas algas. Con todo o consumo das plantas non basta para eliminar todos os nitratos en xeral, só os cambios de auga regulares permiten obter taxas aceptables.