miniatura|220px|dereita|Moritz Schlick, fundador do Círculo de Viena. O neopositivismo tamén coñecido como empirismo lóxico, neoempirismo ou positivismo lóxico é unha das máis importantes correntes filosóficas que xorde durante o primeiro terzo do século vinte, ao redor do grupo de científicos e filósofos que formaron o coñecido Círculo de Viena.

Círculo de Viena O círculo de Viena foi un organismo científico e filosófico formado por Moritz Schlick en Viena, no ano 1922 e disolto en 1936. Este movemento ocupábase principalmente da lóxica da ciencia, considerando a filosofía como unha disciplina encargada de distinguir entre o que é ciencia e o que non e da elaboración dunha linguaxe común a todas as ciencias.

Características do Neopositivismo O Neopositivismo caracterízase pola súa oposición a metafísica pero diferénciase do positivismo pola súa orientación lóxica e lingüística, por iso algúns autores sinalan que non está lonxe do idealismo. Dende o punto de vista desta corrente a análise filosófica non se fai extensiva aos obxectos reais, debe limitarse ao dado, é dicir a experiencia inmediata na linguaxe.

Os empiristas lóxicos intentaron ofrecer unha visión xeral da ciencia que abarcaba principalmente os seus aspectos gnoseolóxicos e metodolóxicos, talvez a súa tese máis coñecida é a que sostén que un enunciado é significativo só se posúe un método de verificación empírica ou é analítico, tese coñecida como "do significado por verificación". Os enunciados da ciencia empírica cumpren co primeiro requisito mentres que só os de lóxica e matemáticas cumpren o segundo. Os enunciados filosóficos non cumpren con ningún dos dous requisitos, así que a filosofía, como tal, debe pasar de ser un suposto corpo de proposicións a un método de análise lóxico dos enunciados da ciencia.

As posicións dos empiristas lóxicos respecto dalgúns temas claves da filosofía da ciencia (a orixe do sentido dos enunciados, a posta a proba das teorías, o concepto e explicación científica e a unidade da ciencia, entre outros) coñécense co nome colectivo e "concepción herdada".

Temas O positivismo lóxico foi un movemento sen un conxunto fixo de doutrinas. Os positivistas lóxicos levaron a cabo unha ampla gama de puntos de vista sobre moitos asuntos. Porén, todos estaban interesados na ciencia e eran escépticos respecto da teoloxía e a metafísica. Propuxeron que todo coñecemento baséase na inferencia lóxica a partir de simples <<cláusulas protocolarias>> baesado en feitos observables. Moitos positivistas lóxicos apoiaron as formas de materialismo, naturalismo metafísico e o empirismo.

Unificación da ciencia Un enunciado na linguaxe física pode reducirse a outro na linguaxe sensorial: "aí hai unha mesa" pode reducirse a algo así como "en tal lugar e en tal momento, percibo cor café, forma rectangular...". Estes enunciados serán a base do noso coñecemento. Sendo isto así no proxecto neopositivista sería posible reducir toda a ciencia natural a enunciados protocolares.

Positivismo, filosofía analítica e metafísica A filosofía do positivismo lóxico foi quizais unha das máis influentes durante a primeira metade do século XX, xunto á metafísica continental alemá e francesa. Aínda que o positivismo lóxico foi rexeitado nos seus mesmos termos, a súa influencia perdurou no que se coñece como filosofía analítica.

Porén, crer que a filosofía analítica contemporánea é positiva, é un grande erro. Posteriormente viuse a necesidade de formular teorías metafísicas/ontolóxicas e éticas, pero, para evitar sensentidos agora escudadas coa poderosa arma da lóxica. Aínda hoxe sobrevive a ruptura entre filosofía analítica e filosofía continental e non se ve unha maneira de resolvela.

Neopositivistas Alfred Jules Ayer Gustav Bergmann Rudolf Carnap Herbert Feigl Philipp Frank Kurt Grelling Hans Hahn Carl Gustav Hempel Ernest Nagel Otto Neurath Hans Reichenbach David Rynin Moritz Schlick Friedrich Waismann R. B. Braithwaite

Véxase tamén Ligazóns externas Neopositivismo Neopositivismo Neopositivismo

Categoría:Filosofía da ciencia Categoría:Epistemoloxía Categoría:Historia da ciencia Categoría:Escolas filosóficas