Miguel Muñoz Mozún, nado en Madrid o 19 de xaneiro de 1922 e finado na mesma cidade o 16 de xullo de 1990, foi un futbolista e adestrador de fútbol, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria Como xogador Comezou a xogar nos primeiros anos da posguerra en varios equipos de Madrid, como a Ferroviaria, o Girod ou o Imperio. En 1943 tarde xoga no CD Logroñés mentres facía o servizo militar pero o equipo descende a Terceira División e ao rematar a tempada ficha polo Racing de Santander

En 1946 ficha polo Celta de Vigo, onde militou dúas tempadas nas que chegou a disputar a final da Copa do Xeneralísimo, pese a marcar un gol na final o equipo perdeu ante o Sevilla FC por 4-1.

En 1948 foi traspasado ao Real Madrid, xunto á outra estrela do equipo Pahiño. Permanece no club madrileño dez tempadas, marcando o primeiro gol do equipo en competición europea e participando na conquista das tres primeiras Copas de Europa do club amais doutros títulos.

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en sete ocasións, debutando o 20 de xuño de 1948 ante Suíza.

Retirouse no Real Madrid no ano 1958.

Como adestrador Un ano despois da súa retirada asumiu o cargo de adestrador do Real Madrid, gañando ese mesmo ano a Copa de Europa e converténdose así no primeiro en gañala como xogador e adestrador.

Dirixiu ao Real Madrid durante 13 anos, nun total de 601 encontros de Liga, gañando 9 veces o campionato ligueiro, dúas a Copa do Xeneralísimo, dúas a Copa de Europa e 1 Copa Intercontinental.

Tras deixar ao equipo madrileño dirixiu ao UD Las Palmas, co que chegou á final da Copa en 1978, encontro que perdeu ante o FC Barcelona por 3-1.

Adestrador da Selección de fútbol

Tralo Mundial de Fútbol España 1982 foi nomeado adestrador da Selección de fútbol de España dirixíndoa ata 1988. Nestes anos clasificou ao equipo para a Eurocopa de Fútbol Francia 1984 no famoso encontro contra Malta, no que tiña que gañar por unha diferenza de 11 goles e que rematou cun 12-1. Finalmente España sería subcampioa da Eurocopa por detrás da anfitrioa, Francia.

Tamén dirixiu o equipo no Mundial de Fútbol no que alcanzou os cuartos de final, sendo eliminada por Bélxica.

O último torneo que dirixiu Miguel Muñoz foi a Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988, na que quedou eliminada na fase de grupos.

É o adestrador que máis encontros dirixiu ao Real Madrid e o terceiro adestrador con máis encontros dirixidos en Liga, so por superado por Luís Aragonés e Javier Irureta, e o que máis títulos de Liga gañou, 9.

Palmarés Como xogador Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoPequena Copa do Mundo de ClubsReal MadridEspaña1952LigaReal MadridEspaña1954LigaReal MadridEspaña1955Copa LatinaReal MadridEspaña1955Copa de EuropaReal MadridEspaña1956Pequena Copa do Mundo de ClubsReal MadridEspaña1956LigaReal MadridEspaña1957Copa de EuropaReal MadridEspaña1957Copa LatinaReal MadridEspaña1957LigaReal MadridEspaña1958Copa de EuropaReal MadridEspaña1958

Como adestrador TítuloClubPaísAnoCopa de EuropaReal MadridEspaña1960Copa IntercontinentalReal MadridEspaña1960LigaReal MadridEspaña1961LigaReal MadridEspaña1962Copa do XeneralísimoReal MadridEspaña1962LigaReal MadridEspaña1963LigaReal MadridEspaña1964LigaReal MadridEspaña1965Copa de EuropaReal MadridEspaña1966LigaReal MadridEspaña1967LigaReal MadridEspaña1968LigaReal MadridEspaña1969Copa do XeneralísimoReal MadridEspaña1970LigaReal MadridEspaña1972

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Real Madrid CF Categoría:Adestradores da UD Las Palmas Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Adestradores do Sevilla FC Categoría:Adestradores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores gañadores da Liga de Campións da UEFA