Vadim Sergeievich Demidov (en ruso: Вади́м Сергеевич Деми́дов, en letón: Vadims Demidovs), nado en Riga o 10 de outubro de 1986, é un futbolista letón nacionalizado noruegués que xoga na demarcación de defensa.
Traxectoria Nado en Letonia cando esta aínda formaba parte da Unión Soviética, forma parte da minoría rusa do país. O seu pai Segei Demidov fora internacional coa Selección soviética de Balonman. Tras o desplome da Unión Soviética emigra coa familia a Noruega ao ser contratado seu pai como adestrador de balonmán.
Comezou a xogar no Sandefjord BK da Adeccoligaen, onde sufriu unha importante lesión. Tras recuperarse marchou cedido ao Manglerud Star, onde chamou a atención do Hønefoss BK, tamén da Segunda División de Noruega.
A súa boa tempada no Hønefoss fixo que se fixaran nel os principais equipos de Noruega, fichando finalmente polo Rosenborg BK na tempada 2008/10
En xaneiro de 2011 queda libre no equipo noruegués e ficha pola Real Sociedad. Debuta en Primeira División o 29 de xaneiro de 2011. Pese a ser titular a maior parte da tempada, a consolidación doutros defensas fano perder a titularidadehttp://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD03/PUB/2012/03/15/EMD20120315007MDG.pdf, polo que é traspasado ao Eintracht Frankfurt, recentemente ascendido á Primeira División Alemáhttp://www.mundodeportivo.com/20120723/real-sociedad/demidov-real-sociedad-eintrach_54328625492.html.
No mercado de inverno da tempada 2012/13 é cedido ao Celta de Vigohttp://www.mundodeportivo.com/20130102/celta-vigo/vadim-demidov-refuerzo-fichaje_54358774041.html
Notas
Categoría:Nados en Riga Categoría:Nados en 1986 Categoría:Futbolistas da Unión Soviética Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sandefjord BK Categoría:Xogadores do IF Fram Larvik Categoría:Xogadores do Manglerud Star Categoría:Xogadores do Hønefoss BK Categoría:Xogadores do Rosenborg BK Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do Eintracht Frankfurt Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do FC Anzhi Makhachkala Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Futbolistas de Letonia