Juan Ginés Sánchez Romero, nado o 15 de maio de 1972 en Aldaia (Valencia) é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro centro, que destacaba polo seu oportunismo.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Valencia CF, debutou co primeiro equipo na tempada 1992/93. Para ter a oportunidade de xogar máis minutos marchou cedido ao RCD Mallorca na Segunda División, onde completou unha gran tempada. O que non lle valeu para ter un sitio no Valencia pero si para que o Celta de Vigo o fichase como parte do traspaso do defensa Xurxo Otero ao Valencia.
Militou no Celta cinco tempadas a moi bo nivel, sobre todo a última na que disputou a Copa da UEFA e anotou 13 goles en Liga, o que lle valeu a convocatoria para disputar un encontro amigábel coa Selección de fútbol de España e que o Valencia o fichase por un traspaso millonario.
No Valencia comezou contando coa confianza do técnico, Héctor Cuper. Foi un home importante no segundo subcampionato da Copa de Europa consecutivo no ano 2001, ao anotar dous goles nas semifinais ante o Leeds United que foron decisivos. Tamén se proclamou campión da Copa da UEFA no ano 2004 e dúas veces campión de Liga (2001/02 e 2003/04).
Coa chegada de Rafael Benítez foi perdendo protagonismo ata que volveu a Vigo na tempada 2004/05 buscando minutos, o Celta acababa de descender a Segunda División e Sánchez colaborou ao ascenso con cinco goles. A tempada seguinte foi a última do xogador como profesional.
Trala súa retirada formou parte do equipo técnico do Valencia CF ata o ano 2008. No ano 2009 asumiu o cargo de Director Deportivo do RE Mouscronhttp://www.marca.com/2009/06/11/futbol/futbol_internacional/1244729824.html, ata a desaparición do club, compartindo o cargo con Amedeo Carbonihttp://www.abc.com.py/articulos/club-desaparece-por-deuda-54323.html.
No verán de 2011 volve ao organigrama do Valencia, formando parte da estrutura de captación e secretaría técnica da Escola do club.
Ao mesmo tempo xoga cos veteranos do Valencia CF e participa na Liga de Fútbol Indoor co mesmo club.
Notas
Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Nados en 1972 Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Directores deportivos de fútbol de España Categoría:Nados na provincia de Valencia