Azolla filiculoides é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, un dos sete comprendidos no xénero Azolla.Azolla filiculoides Lam. en World Flora Online. Consultado o 21 de marzo de 2021.
É un pequeno fento acuático nativo de zonas temperadas e tropicais de América, onde habita en lagos, lagoas e ríos de corrente lenta. É unha planta invasora que colonizou a maior parte do Vello Mundo, incluíndo Asia, e tamén Australia.
É unha planta que en Europa mostra, localmente e baixo certas condicións (augas lentas e bastante eutróficas), gran capacidade invasora, ou polo menos de proliferación. Porén, demostrou ser utilizábel como esterco verde e como axente para a desintoxicación de residuos ou augas industriais, en particular no que se refire aos metais pesados.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1783 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck en Encyclopédie Méthodique, Botanique 1 (1): 343.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Azolla.
O epíteto específico, filiculoides, é un termo do latín científico derivado dos elementos filic-, de filix, -icis, "fento", -ul[us]-, diminutivo, e -oides, "semellante".Gledhill, David (2008): The Names of Plants, 4ª ed. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-8553-5. Literalmente: "semellante a un pequeno fento".
Nota taxonómica Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).Salviniales no ITIS. Consultado o 21 de marzo de 2021.Azollaceae en floravascular.com Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS. e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das salviniáceas.
Sinónimos Ademais de polo protónimo cuñado por Lamarck e asctualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónios: A. arbuscula Desv. A. filiculoides var. rubra (R.Br.) Strasb. A. magellanica Willd. A. squamosa Molina
Ecoloxía Posúe un crecemento moi rápido, sendo quen de cubrir amplas superficies en poucos meses. Cada individuo ten un diámetro de 1–2 cm, cunha cor verde tinguida de rosa, laranxa ou vermello nos bordos. Ramificacións libres, que se quebran en pequenas seccións a medida que a planta medra. Non soporta baixas temperaturas, sobrevivindo en zonas frías grazas a gromos somerxidos.
Cultivo A especie ten sido cultivada en moitas rexións do Vello Mundo, pola súa capacidade de fixación do nitróxeno atmosférico. Considérase útil para cultivos en auga, como o do arroz. Así e todo, Azolla filiculoides ten causado e causa graves problemas á flora e fauna autóctonas de ecosistemas lacustres do oeste de Europa.Natural History Museum. 2012. Azolla filiculoides. Conservation. PDF. sur de África, Asia tropical, Australia e Nova Zelandia.
En Galicia Está presente no río Miño entre Rábade e o encoro de Belesar, en Ribadavia e en Padrón.Fagúndez, J. & Barrada, M. 2007. Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. PDF . Mencionouse tamén en Culleredo, onde causou problemas á poboación local de sapo corriqueiro (Bufo calamita).Galán, P. 2012. Declive de una población de Bufo calamita por invasión de la planta Azolla filiculoides. Bol. Asoc. Herpetol. Esp. 23: 113-116. PDF En Vigo e en Sanxenxo foi citada a A. carolinensis, moi similar á primeira. No río Lagares e nas Gándaras de Budiño (Ribeiras do Louro) existe Azolla sp., quizais A. filiculoides; alí a especie colonizou e ocupou rapidamente as masas de auga, tapizando toda a superficie. Na lagoa da Bodeira (O Grove) A. filiculoides foi mencionada por primeira vez no verán de 2012, procedéndose a unha primeira retirada parcial, sen éxito.
Control en Galicia A retirada manual é imprescindible, se ben é complicada e custosa, e non garante a erradicación do fento. Débese realizar combinada con outros métodos, especialmente co control biolóxico a través do gurgullo Stenopelmus rufinasus. Esta é unha especie americana de coleóptero, cuxa larva é monófaga e se alimenta de Azolla spp. Está xa citado na Península Ibérica, en concreto nos ríos Guadiana e Ter.Fernández, J. L.; Fernández, E. & Alonso-Zarazaga, M. A. 2005. "Primera cita de Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1835 en la Península Ibérica (Coleoptera, Erirhinidae)". Graellsia, 61(1): 139-140. PDF.Mor, J.-R.; Coral, L.; Masferrer, J.; Sala, J.; Font, J. & Boix, D. 2010. Presence of the exotic weevil Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1836 (Coleoptera: Erirhinidae) in Ter River (NE Iberian Peninsula). Boletín de la SEA, 46: 367-372 É moi probable que este gurgullo non teña influencia noutros coleópteros autóctonos nin en plantas do mesmo contorno. A terceira vía sería o uso de herbicidas, contendo glifosato ou diquat, se ben este método é efectivo só en canais e pequenas masas de auga, e pode prexudicar a outras plantas existentes.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía Hill, M. P. (1998): "The potential for the biological control of the floating aquatic fern Azolla filiculoides Lamarck (Red Water Fern/Rooivaring) in South Africa". S. Afr. Waterbull. 24: 16–18. Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978): Welsh ferns: clubmosses, quillworts, and horsetails. Cardiff: National Museum of Wales. ISBN 0-7200-0210-9. Sainty, G. & Jacobs, S. (2003): Waterplants in Australia. Potts Point, Sydney, Australia: Sainty and Associates. ISBN 0-9581-0551-0.
Outros artigos Salviniales Salviniáceas Azolla
Ligazóns externas Pacific Mosquitofern. Azolla filiculoides Lam. na EOL. Germplasm Resources Information Network: Azolla filiculoides Flora of North America: Azolla filiculoides USDA Plants Profile: Azolla filiculoides Plants for a Future: Azolla filiculoides NSW Flora Online: Azolla filiculoides
Categoría:Plantas invasoras Categoría:Fentos Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Salviniales Categoría:Plantas descritas en 1783