Ramon Margalef i López, nado en Barcelona o 16 de maio de 1919 e finado na mesma cidade o 23 de maio de 2004, foi un biólogo catalán, profesor emérito da Universidade de Barcelona, que destaca polos seus traballos nos campos da limnoloxía, a oceanografía e a ecoloxía. Margalef foi un dos científicos españois máis destacados en toda a historiaRos, J.D. (2004) In memory of Ramon Margalef (1919-2004). International Microbiology 7: 229-232Herrera, C. M. (2005) Resolution of respect. Ramón Margalef (1919-2004). Bulletin of the Ecological Society of America 86: 8-11. Traballou no Instituto de Bioloxía Aplicada (1946–1951) e no Instituto de Investigacións Pesqueiras (1952-1975), que dirixiu dende o ano 1965 ata o 1967. En 1967 converteuse no primeiro profesor de ecoloxía de todo o estado, na Universidade de Barcelona, e creou o primeiro departamento desta liña científica. Ata o ano 1993 foi profesor emérito desta universidade, cando se retirou. Mais Margalef seguiu producindo obra científica ata a súa morte.

Os seus máis importantes traballos foron a aplicación da teoría da información na ecoloxía e a creación de modelos matemáticos para o estudo de poboacións. Entre as súas obras bibliográficas destacan: «Comunidades naturais» (1962), «Perspectivas na teoría ecolóxica», «Ecoloxía» (1974), «A biosfera» (1980), «Limnoloxía» (1983) e «A teoría dos sistemas ecolóxicos» (1991). A súa obra «Sobre dalgúns principios da teoría ecolóxica» (1963) é considerada unha das dez principais publicacións da bioloxía do século XX.

Chegou a ser membro de numerosas sociedades e recibiu multitude de premios científicos, como foron a primeira edición dos Premios A.G Huntsman para a Excelencia nas Ciencias Mariñas, a Medalla de Naumann-Thienemann outorgada pola Sociedade Limnolóxica Internacional, os Premios Ramón y Cajal do estado español e da medalla de ouro pola Generalitat de Cataluña. Formou parte da Secció de Ciéncies Biològiques do Instituto de Ciencias da Educación, da Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona, da Real Academia Galega de Ciencias, da Real Academia Sevillana de Ciencias e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid. Así mesmo, outorgóuselle o rango de doutor honoris causa nas Universidade Laval (Canadá) , Universidade de Aix-Marsella (Francia), Universidade de Luján (Arxentina) e a Universidade de Alacant .

Traxectoria Naceu o 16 de maio do 1919 na cidade de Barcelona. De cativo á Margalef gustáballe de visitar os parques naturais da cidade e axudarlle ao seu pai na xardinería e de pasar horas observando insectos e disecándoos. Na escola dicíase que era un estudante distraído e que nas clases pensaba nas coleccións que faría nos xardíns aquel día; pero el, a conto diso, mesmo escribiu sobre "do tempo perdido na escola e outras trapalladas". Con todo aprendeu a escribir correctamente en castelá e mesmo en catalán, intuíndoo por lecturas de revistas como a de El Patufet. A naquela hora preocupación de seu pai por Ramon, o cal desexaba que acabara como banqueiro, fixo que o levara a unha escola de estudos mercantís. Mais Margalef dicía de non aprender moito con eses estudos. El seguiu o seu interese pola historia natural e a bioloxía, moi especialmente a dos sistemas mariños, e comezou a describir e debuxar especiesFrancesc Peters. Ramon Margalef, The Curiosity driven life of a self-taugh naturalist. Institut de Ciències del Mar, CMIMA (CSIC), Barcelona, Catalunya, Spain. O seu pai, con iso, fixo que o instruíse un profesor propio, Alexandre Jacki, para que estudase francés, alemán e matemáticas. Aprender esas linguas deulle pé a Margalef a entusiasmarse aínda máis nos seus intereses pois, grazas a iso, puido ler traballos de naturalistas alemáns e franceses que tiñan feito investigacións de fauna e flora catalás.

A guerra civil estourou sendo el un adolescente de 17 anos pero non quixo involucrarse na guerra e creou unha Societat Catalana d’Estudis Biològicsficticia, na que prepararía revistas de publicacións que nunca se chegaron a publicar. Tivo que interromper no 1938, con 19 anos, os seus estudos para ser recrutado para a milicia do Exército Popular da República. Alí encargaríase primeiro da escritura de partes de guerra e logo entraría na gran fronte de Batalla do Ebro. Enfermidades de Margalef fixeron que saíra da guerra antes de acabada e que volvese a Barcelona. Mais os anos de rigor na milicia ampliaríanse por ser chamado polo novo exército da ditadura. Estivo destinado a Segovia e Valladolid. Pola chegada ao sesenta anos de seu pai cesaría provisionalmente en 1942 no exército. Os problemas de cartos levaron a que se puxera a traballar nunha compañía de aseguradoras mentres, e de xeito autodidáctico e complementándoo con lecturas de moitos campos, continuou cos seus estudos de historia natural. Nese momento inicia a investigación dos ecosistemas acuáticos de auga doce como estudante do Instituto Botánico de Barcelona. Volveu a poñerse en contacto con científicos e sociedades científicas e a realizar as súas saídas de campo. Construíu o seu propio microscopio con pezas de borralla para comezar a visualizar microorganismos acuáticos. Destacados científicos incentivaron a Margalef para que obtivera un título universitario, mais iso tería que esperar xa que foi chamado o mesmo 1942 para un posto en Mallorca na artillaría do exército da ditadura franquista. E aínda así alí buscaría tempo para o estudo do plancto mariño, e que acabaría en publicacións. En Mallorca iniciou o seu interese polo fitoplancto mariño ao coñecer a Miguel Massutí, o naquela hora director do Instituto Español de Oceanografía. No 1943, trala morte de súa nai e sen poder ir á súa vela, volveu do exército. Nese ano fixo as súas primeiras tres publicacións científicas oficiais, onde aparecería o termo "ecoloxía".

Xa que lle faltaba o bacharelato, e véndose apoiado polos seus mentores universitarios, fixo que o retomase e o obtivera. No 1944 os seus mentores axudáronlle a obter unha bolsa de estudos no Instituto de Bioloxía Aplicada en Barcelona co doutor Francisco García del Cid. Mentres Margalef estudaba, o seu doutor García del Cid foi nomeado polo CSIC para formar un instituto de investigacións pesqueiras; o cal sería parte importante do Instituto de Bioloxía Aplicada.

Margalef continuou os estudos universitarios, e malia non acudir a clases os dous cursos finais, obtivo a súa licenciatura no ano 1949, mesmo con matrículas de honra. Durante os seus estudos coñecería á súa noiva, á bióloga Maria Mir. Ela, rematados os estudos, volveu para a súa terra, Mallorca, e a alí iría el a visitala frecuentemente.

Margalef iniciou a súa tese de doutorando sobre de A temperatura e morfoloxía dos seres vivos traballando con algas verdes. O seu doutor oficial foi Dr. Florencio Bustinza da Universidade de Madrid, e a daquela única universidade no estado que podía emitir certificacións de grao de doutor. O seu doutor foille de pouca utilidade co que o seu doutoramento o realizou só, con axudas esporádicas de profesores de Barcelona. No 1951 defendeu a súa tese, que versaba sobre a que foi sempre a súa liña de interese.

En 1952 García del Cid ofreceulle a Margalef unha praza no acabado de fundar Instituto de Investigacións Pesqueiras (IIP) de Barcelona. No 4 de xullo dese ano casou con María Mir e un ano despois tiveron a súa primeira filla, Neus. En pouco tempo terían os seus outros tres fillos: Núria, Ramon e Bartomeu.

Con Margalef, o Instituto de Investigacións Pesqueiras convértese nunha institución oceanográfica completa, que baixo a tutela de García del Cid, funda os laboratorios de Cádiz, Castelló e Vigo[ http://iim.csic.es/es/historia Historia do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo]. Especialmente en Castelló e Vigo, Margalef pasou moito tempo, meses, durante varios anos, neles realizando monitorizacións de plancto costeiro e series temporais. Alí adicoulle horas á formación de novos investigadores. Existía unha escaseza de recursos para o instituto mais Margalef fixo que houbera a nova entrada do Instituto de Investigacións Pesqueiras nunha época grazas ás súas novas liñas de investigacións. Por contactos de García del Cid, Margalef coñeceu a Sidney Galler, un talento da Oficina Americana de Investigacións Navais. Grazas a iso Margalef dispuxo do Servizo de Transportes do Soporte da Milicia dos Estados Unidos para calquera viaxe que quixese. Visitou para intereses do laboratorio e congresos internacionais Italia, Suíza, Bélxica, Canadá e o Reino Unido, Venezuela, Porto Rico, Francia, Alemaña e Estados Unidos, entre outros lugares. Mesmo naquela hora á Margalef se lle ofreceron construcións para as súas liñas de investigacións. Algúns comentan que tiña "un cheque en branco" para calquera dispositivo ou recurso que quixera. Mesmo á Margalef se lle ofreceu a oportunidade de mudarse aos Estados Unidos. O seu interese por deixar atrás a pos-guerra e a súa conciencia da "afundida sociedade" con respecto á ciencia fixo que lle interesase, pero que finalmente a desbotara pola preferencia da súa muller de vivir achegada á súa terra de orixe, Mallorca.

miniatura|300px| Imaxe conmemorativa de actos tralos dez anos da Morte de Ramón Margalef celebrados na Universidade de Barcelona10 anys recordant el mestre.

Margalef, grazas aos contactos internacionais, pasou a participar en numerosas en expedicións navais no Mediterráneo occidental e a costa oeste Africana, grazas ao apoio económico da FAO, UNESCO e da OTAN.

Margalef estivo no Instituto de Investigacións Pesqueiras, do CSIC, entre o 1951 e o 1975. Trala morte no 1965 de García del Cid, Marfalef foi proposto como novo director do IIP, cargo que aceptaría e ocupou dende o 1966 ata o 1967. Ese cargo abandonouno coa intención de seguir completamente en liñas de investigación.

Tras ese cesamento no 1967 converteuse no primeiro catedrático de Ecoloxía de España na Universidade de Barcelona, onde creou o departamento de ecoloxía. Nese novo departamento formou e doutorou a un destacado número de ecólogos, limnólogos e oceanógrafos. No 1986 retirouse de profesor e no 1987 foi nomeado pola Universidade de Barcelona como profesor emérito, un posto que ocuparía ata o ano 1992. Porén, continuou en ciencia con colaboracións e publicacións ata o último momento.

Ramon Margalef morreu en Barcelona un 23 de maio do 2004. Tan só unha semana despois, a súa muller María Mir.

Traballo de investigación Margalef deduciu que a evolución natural dos lagos cando se detén a entrada de materia orgánica é a de pasar de ser un sistema acuático eutrófico a un sistemas oligotróficoJoan Armengo. Ramon Margalef (1919-2004): teacher and researcher. Dept. Ecology. Univ. Barcelona. A dinámica de polución dos ríos explicouna como un equivalente a unha sucesión espacialR. Margalef. Ideas for a synthetic approach to the ecology of running waters. Int. Rev. ges. Hydrobiol. , 45: 133 - 153..