miniatura|dereita|Integrina beta 3 (baseado en PDB 1jv2). O CD61 (cluster de diferencaición 61) ou integrina beta-3 (β3) é unha proteína que se encontra na superficie celular das plaquetas ou trombocitos, que nos humanos está codificada no xene ITGB3 do cromosoma 17. Funciona como molécula de adhesión celular.

Estrutura e función O produto proteico do ITGB3 é unha cadea beta beta 3 de integrina. As integrinas son proteínas integrais da superficie celular compostas por unha cadea alfa e unha beta. Unha determinada cadea pode combinarse con diversas moléculas orixinando distintos tipos de integrinas. A integrina beta 3 está combinada coa cadea alfa IIb nas plaquetas. As integrinas participan na adhesión celular e na sinalización celular mediada pola superficie celular.

Na endometriose A expresión defectiva da subunidade β3 de integrina foi correlacionada coa endometriose, e propúxose como un posible marcador para esta doenza.May, K. E.; Villar, J.; Kirtley, S.; Kennedy, S. H.; Becker, C. M. (2011). "Endometrial alterations in endometriosis: A systematic review of putative biomarkers". Human Reproduction Update 17 (5): 637–653. doi:10.1093/humupd/dmr013. PMID 21672902.

Interaccións O CD61 interacciona con PTK2, ITGB3BP, TLN1 e CIB1.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glicoproteína IIb/IIIa

Bibliografía

Ligazóns externas MeshName - CD61+Antigens ITGB3 Info with links in the Cell Migration Gateway

Categoría:Antíxenos CD