O Ferrari 458 Italia é un modelo de automóbil deportivo producido polo fabricante italiano Ferrari dende o ano 2010 ata 2015. Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'5 litros ten 578 cabalos de potencia.
O 458 substituíu o Ferrari F430, e foi presentado oficialmente no salón do automóbil de Fráncfort de 2009. Foi substituído polo Ferrari 488, que se deu a coñecer no Salón do automóbil de Xenebra de 2015.
Especificacións No primeiro anuncio oficial do coche, o Ferrari 458 foi descrito como o sucesor do F430, pero xurdindo dun deseño totalmente novo, incorporando tecnoloxías desenvolvidas a partir da experiencia da compañía na Fórmula 1.
O sistema body computer foi desenvolvido por Magneti Marelli Automotive Lighting. miniatura|Ferrari 458 Italia (Monaco)
Motor O V8 de 4.5L naturalmente aspirado entrega 570 CV (419 kW) a 9000 rpm e rende un par máximo de 540Nm a 6000 rpm, co 80% do mesmo dispoñible a 3250 rpm. O motor incorpora a inxección directa de combustible por primeira vez nun Ferrari con configuración de motor central.
Transmisión A transmisión é semiautomática de dobre embrague Getrag de 7 velocidades de F1, similar á do Ferrari California, que pode funcionar en modo manual ou automático.
Condución A suspensión do automóbil é de dobre brazo na parte dianteira e sistema multilink na traseira, xunto con diferencial electrónico e control de tracción de Fórmula 1 tamén coñecido como F1-Trac, deseñado para mellorar o comportamento nas curvas e a aceleración lonxitudinal nun 32% en comparación cos seus predecesores.
Rendemento A aceleración oficial de 0 a 100 km/h é de 3,4 s, mentres que a máxima velocidade é de 325 km/h, cun consumo de combustible en ciclo combinado de 13,4 L/100 km e produción de 268 g/km de CO2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ferrari 195 S Ferrari California Ferrari FF Ferrari F12berlinetta Ferrari 195 Inter
Ligazóns externas
Páxina web oficial de Ferrari Presentación do Ferrari 458 Italia
Categoría:Modelos de Ferrari