miniatura|dereita|250px|Ameixa rubia (Venerupis rhomboides). miniatura|Venus verrucosa A dos veneroides (Veneroida) é unha orde de moluscos bivalvos heterodontes que inclúe as especies de moluscos máis comúns, coma ameixas, berberechos, navallas etc.
Xeralmente teñen cunchas grosas, simétricas, e isomiarianas (isto é, os seus músculos abdutores son de igual tamaño).
Moitas especies son activas máis ca sésiles. Porén, tenden a ser filtradores, alimentándose a través de pares de sifóns, cunha característica estrutura branquial adaptada a este modo de vida.
Estudos recentes en sistemática molecular suxiren que esta orde non é monofilética. Se esta conclusión se sustenta, a orde presumibelmente será dividida noutras.
Clasificación Segunmdo o SIIT, a orde dos veneroides abarca as superfamilias:Veneroida H. Adams and A. Adams, 1856 no SIIT. Arcticoidea Newton, 1891 Astartoidea d'Orbigny, 1844 Cardioidea Lamarck, 1809 Carditoidea J. Fleming, 1828 Chamoidea Lamarck, 1809 Corbiculoidea J. E. Gray, 1847 Crassatelloidea Ferussac, 1822 Cyamioidea Sars, 1878 Dreissenoidea Gray, 1840 Galeommatoidea J. E. Gray, 1840 Glossoidea J. E. Gray, 1847 Lucinoidea J. Fleming, 1828 Mactroidea Lamarck, 1809 Solenoidea Lamarck, 1809 Tellinoidea Blainville, 1814 Tridacnaoidea Lamarck, 1819 Veneroidea Rafinesque, 1815
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Vaught, K. C. (1989): A classification of the living Mollusca''. American Malacologists: Melbourne, FL (USA). ISBN 0-915826-22-4. Outros artigos Bivalvos Heterodontes
Ligazóns externas Veneroida en ADW.