miniatura|Situación da Seavella ou O Portiño no concello da Coruña. En amarelo, o Porto de San Pedro.Estudos previos A Seavella ou O Portiño é un lugar da parroquia de Visma, situado na faixa costeira virxe da Coruña, limítrofe co concello de Arteixo. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 532 habitantes (278 homes e 254 mulleres), o que supón unha diminución en 17 habitantes en relación ao ano anterior.
Historia miniatura|esquerda|Monumento aos mártires do Portiño. A noite do 3 ao 4 de marzo de 1937 tivo lugar no Portiño un intento de fuga dunhas sesenta persoas que escapaban da represión franquista. A chegada da Garda Civil provocou a morte por afogamento dalgúns deles e a detención doutros 28. Un xuízo sumarísimo condenou a morte a 15 deles e foron fusilados en Punta Herminia o 9 de novembro.Memoria de la Galicia libertariaLa fuga frustrada de O PortiñoUn trabajo de investigación recupera la historia de los republicanos de O Portiño asesinados en 1937
O 12 de abril de 2008 inaugurouse un monumento na súa memoria realizado polo artista Pepe Galán.
Vertedoiro de Bens O lugar estaba situado ao pé do vertedoiro de Bens, creado na década de 1970. O 10 de setembro de 1996 uns 200 000 metros cúbicos de lixo do vertedoiro chegaron a cubrir O Portiño.Fotos Joaquín Serantes López, un dos veciños, deuse por desaparecidoArchivado el caso del vertedero de Bens. elpais.es. Tralo desastre o vertedoiro foi selado e transformouse no parque de Bens..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Visma
Parroquias da Coruña
Notas
Véxase tamén
Categoría:Lugares da Coruña