Outeiro foi un grupo galego de jazz rock formado en Vigo a finais dos setenta.

Traxectoria A banda comezou como un trío con Pepe Bordallo ó baixo, Fernando Llorca á batería e Rubén Péz á guitarra, para máis adiante incorporar a Lorenzo Cuasante (nun inicio como músico de estudio). Gravaron un disco na liña de Return to Forever ou Colosseum II en Madrid coa discográfica folk Ruada, ó que titularon Ollos de marzal. O disco non chegou a reeditarse en CD polo que só existen os vinilos da edición orixinal, agora convertidos en pezas de colección. A formación tivo unha efémera existencia, pois trala edición do seu primeiro e único disco e actuar nuns cantos concertos esta disolveuse no inverno de 1980.

Membros Fernando Llorca (batería, percusión, trompeta) Pepe Bordallo (baixo) Lorenzo Cuasante (teclados) Rubén Péz (guitarra) Alfonso Correia (percusión, frauta)

Discografía 1980: Ollos de marzal (Ruada R-107-D)

Véxase tamén Ligazóns externas La Enciclopedia del Rock Sinfónico y Progresivo Español

Outeiro Outeiro