O SEAT 132 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1973 e 1982, con licenza da empresa italiana Fiat. O modelo 132 foi o sucesor do SEAT 1500, e pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4 portas.
Durante os anos 1970 foi o mellor modelo da marca por prestacións, equipamento e motores. Contou con 5 motorizacións; 3 de gasolina e 2 diésel, que ofrecían un rango de potencias dende os 55 ós 109 CV.
O SEAT 132 deixou de ser fabricado en 1982 cando SEAT e Fiat romperon a súa tradicional colaboración. Este modelo non tivo un substituto directo.
Do SEAT 132 producíronse 108.725 unidades.
Mecánica
Cando o SEAT 132 foi posto á venda en maio de 1973, tiña as seguintes motorizacións como opción:
O SEAT 132 1600 tiña un motor de catro cilindros e dúas árbores de levas en cabeza arrastrados por correa dentada con 1.592 cc e 98 CV (DIN) a 6.000 rpm.
O SEAT 132 1800 tiña un motor de catro cilindros e dúas árbores de levas en cabeza arrastrados por correa dentada con 1756 cc e 105 CV (DIN) a 6.000 rpm.
O SEAT 132 Diésel, lanzado en 1974, presentaba un motor Mercedes-Benz de 1988 cc e 55 CV (DIN) a 4.200 rpm, correspondendo ao ofrecido no Mercedes-Benz 200D, construídos baixo licenza pola MEVOSA. Isto seguiu a pauta estabelecida co SEAT 1500, que tamén estivera dispoñíbel cun motor Mercedes-Benz diésel coas súas dúas versións denominadas SEAT 1800 Diésel e SEAT 2000.
Dende o seu lanzamento, o 132 contaba coa opción dunha quinta velocidade, opción xeneralizada para o resto de modelos dende principios dos anos 1980. En 1976 ofreceuse unha transmisión automática opcional, o cal puido ter sido unha resposta ao éxito en España do Chrysler 180, tamén ensamblado nese país.
Coa reestilización experimentada en 1974, o motor 1800 ve aumentado o seu rendemento en dous cabalos, pasando a tener 107 CV (DIN).
A partir de 1979, un SEAT 132 2000 estivo dispoñíbel cun motor de catro cilindros con 1.919 cc e 109 CV (DIN) a 5.800 rpm; nesta serie ofreceuse tamén unha versión diésel con motor Mercedes-Benz de maior cilindrada con catro cilindros e 2.197 cc, que desenvolvía 60 CV (DIN) a 4.200 rpm, semellante ao que montaba o Mercedes-Benz 220D.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas SEAT 132 en MuseoSEAT.com
Categoría:Modelos de SEAT