O carrán cristado, coñecida nalgúns lugares da ría de Vigo (Cangas de Morrazo, Panxón, A Guarda) como mascateira, (Thalasseus sandvicensis) é unha ave da familia dos Sternidae.
Morfoloxía e hábitos Ten unha lonxitude entre 37–43 cm, unha envergadura de 85–97 cm e un peso de 250 gramos. Ten o peteiro esvelto e negro, coa punta amarela. Testa branca. Presenta unha pequena crista negra e patas da mesma cor. A especie non presenta dimorfismo sexual. Os xoves teñen manchas pardas na cabeza e na parte superior do corpo. miniatura|Son do carrán cristado. É unha ave moi gregaria, que garula con frecuencia. Alimentación baseada en peixes que pesca mergullándose. Tamén depreda crustáceos, moluscos e vermes.
Reprodución thumb| Thalasseus sandvicensis Cría en colonias en praias areosas ou illas baixas. Ás veces tamén en augas estancadas que sexan salobres. O período de cría vai de maio a xullo cunha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 22-26 días. Os polos comezan a voar ós 30-35 días. miniatura|Carrán cristado.
Distribución Estival no norte de Europa. Invérnante no Sur de Europa e África. Escaso ou inexistente lonxe da costa. Ó revés do carrán do Caspio segue a costa cando emigra.
Non cría en Galicia, pero é relativamente abondosa nos pasos migratorios, especialmente de setembro a outubro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Illas Cíes: Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas". Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-96203-67-9 "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal: C 2423-2009 Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega . Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a.
Categoría:Animais descritos en 1787 Categoría:Estérnidos