miniatura|dereita|350px|Embiotoca lateralis miniatura|dereita|350px|togaster aggregata Os embiotócidos (Embiotocidae) son unha familia de peixes mariños e de auga doce incluída na orde Perciformes.

Morfoloxía Alcanzan tamaños máximos de 45 cm (Rhacochilus toxotes). Posúen unha aleta dorsal con 6-11 radios espiñosos (Hysterocarpus traski ten 15-19 e 9-28 radios brandos; na aleta anal, 3 espiñas e 15-35 radios brandos. A aleta caudal é aforquitada. Na liña lateral hai de 35 a 75 escamas.

Hábitat e bioloxía A maior parte das especies viven en cursos de auga doce de América, mentres que algunhas se distribúen polo norte do océano Pacífico norte.

Son vivíparos: o macho usa a parte anterior da aleta anal para introducir o seu seme na femia, e os embrións desenvólvense dentro desta. Desta característica deriva o seu nome, do grego embios, persistente, e tokos, -ou, nacemento.

Taxonomía Clasifícanse en 13 xéneros (WORMS): Amphistichus Brachyistius Gill, 1862 Cymatogaster Gibbons, 1854 Ditrema Embiotoca L. Agassiz, 1853 Hyperprosopon Hypsurus Agassiz, 1861 Hysterocarpus Micrometrus Neoditrema Phanerodon Girard, 1854 Rhacochilus Zalembius

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en FishBase Ficha en World Register of Marine Species

Categoría:Labroideos