miniatura|dereita|350px|Odax pullus Os odácidos (Odacidae) son unha pequena familia de peixes mariños incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes.

Morfoloxía Son de corpo alargado, coa liña lateral formada por 30-87 escamas, curvada á altura das pectorais. Unha única aleta dorsal, moi longa, con 14-23 radios espiñosos; a anal é máis curta; as pelvianas, que non existen en tódalas especies, cunha espiña e 4 radios brandos.

Hábitat e bioloxía Distribúense por augas costeiras do sur de Australia e Nova Zelandia.

Aliméntanse de pequenos invertebrados, pero tamén hai especies herbívoras.

Taxonomía A familia divídese en 4 xéneros e 12 especies (FishBase). Haletta, Whitley 1947 Neoodax, Castelnau 1875 Odax, Valenciennes 1840 Siphonognathus, Richardson 1858

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en World Register of Marine Species Ficha en FishBase

Categoría:Labroideos