José Cao Moure, coñecido como P.P.K.O., nado en 1880 e finado en Vigo o 11 de febreiro de 1960Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 12-2-1960, p. 6., foi un editor e escritor galego.
Traxectoria Estableceuse en Vigo e foi propietario da editorial PPKO. As súas obras, moi comerciais, conteñen abundantes fotografías. Editou os libros de ouro de Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Marín, Ourense e A Coruña. Publicou tamén un manual para tipógrafos. Colaborou en Faro de VigoNecrolóxica en ABC, 23-2-1960, p. 43.
O seu libro Los Pazos Gallegos (1927-1932), en colaboración con Javier Ozores e o Marqués de Quintanar, percorre a arquitectura galega máis representativa dos pazos en Galicia.
Cabaleiro da Orde Civil de Afonso XII dende 1906 e comendador de número a partir de 1920. Académico da Real Academia Galega dende 1913 e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando dende 1920. No ano 1923 nomeárono equivalente do portugués Instituto de Estudos do Minho e en 1940 recibiu a encomenda de Afonso X o Sabio. Foi concelleiro de Vigo.
Obras Manual práctico de fotograbado sobre zinc y sobre cobre, 1909. Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo, 1922-1923.Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo en Galiciana. La Coruña a través de un siglo, 1924. Catálogo ilustrado de Asturias, 1925. Los Pazos Gallegos, 1927 (con Javier Ozores Pedrosa e o marqués de Quintanar). Vigo en 1927. Vigo y la actualidad viguesa.Reeditado en 2005 polo Instituto de Estudios Vigueses.. Relicario monumental de Galicia, 1932 (dir.). Franco ante el Apóstol Santiago. Galicia!, 1939. Escuela Naval Militar de Marín, 1943 (dir.) Homenaje al glorioso autor de la Salve de San Pedro de Mezonzo con motivo del templo que en su honor y sagrada memoria va a levantarse en La Coruña, 1949 (dir.).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega