Vela é unha constelación austral, unha das catro partes na que foi dividida a constelación de Argo Navis (o navío Argos), sendo as outras Carina (a quilla), Puppis (a popa) e Pyxis (o compás marítimo).
Características notables Vela comparte a designación de Bayer das súas estrelas coas outras tres constelacións que formaban parte da Argo Navis, polo que non ten estrelas α o β. a súa estrela máis brillante é γ Velorum, de magnitude 1.75, un sistema estelar quíntuplo cunha compoñente principal que é a estrela de Wolf-Rayet máis brillante do firmamento. Nesta constelación atópase AI Velorum, prototipo dun grupo de estrelas púlsantes denominadas variables AI Velorum.
A identificación óptica do Pulsar de Vela, asociado ó Resto da Supernova de Vela, foi a proba directa da relación entre supernovas e pulsares.
Estrelas principais γ Velorum (Regor ou Suhail Al Muhlif), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,75. É un sistema estelar cunha compoñente principal (γ2 Velorum) é a estrela de Wolf-Rayet máis brillante e próxima. δ Velorum, segunda estrela máis brillante con magnitude 1,95 é un sistema estelar formado por unha estrela binaria eclípsante e unha anana branco-amarela. κ Velorum, de magnitude 2.47, estrela subxigante branco-azulada. λ Velorum (Suhail ou Alsuhail), terceira estrela máis brillante da constelación con magnitude 2.23, unha superxigante laranxa a 570 anos luz. μ Velorum, de magnitude 2.69, estrela binaria formada por unha xigante amarela e unha anana amarela. ο Velorum, a estrela máis brillante do cúmulo IC 2391, tamén chamado Cúmulo de Ómicron Velorum. φ Velorum (Tseen Kee), de magnitude 3.52, superxigante branco-azulada a case 2000 anos luz de distancia. ψ Velorum, estrela binaria con dúas compoñentes brancas separadas 0,68 segundos de arco. N Velorum (HD 82668), xigante laranxa de magnitude 3,13. e Velorum (HD 73634), xigante luminosa branca de magnitude 4,17. AI Velorum, estrela variable púlsante prototipo dun grupo de variables que levan o seu nome (variables AI Velorum). IM Velorum, variable Alfa2 Canum Venaticorum de oscilacións rápidas; xunto ó período principal de 2,85 días a estrela amosa pulsacións cada 11,67 minutos. HD 75289 (HR 3497), anana amarela cun planeta extrasolar. HD 83443, anana laranxa cun planeta cunha órbita moi próxima á estrela. Gliese 320, anana laranxa distante 36,3 anos luz do Sistema Solar. V390 Velorum, estrela en rápida transición dende xigante vermella a anana branca. CPD-57 2874 (CD-57 3107), superxigante azul vella que está comezando a desprenderse da súa envoltura externa.
Obxectos Notables do espazo profundo Nebulosa planetaria NGC 3132, situada na fronteira con Antlia, tamén é coñecida coma Nebulosa do Anel do Sur e é considerada a versión meridional da Nebulosa do Anel de Lyra. Resto da Supernova de Vela, no centro da cal fica o Pulsar de Vela, esta nebulosa nacida da explosión dunha nova é posible que se poida ver dende a Terra dende hai uns 10.000 anos; o pulsar foi o primeiro en ser identificado opticamente. Nebulosa de Gum, unha nebulosa de emisión difícil de observar, créese que pode se-lo resto dunha nova ocorrida hai un millón de anos aproximadamente. IC 2391 (Cúmulo de Ómicron Velorum), cúmulo aberto visible a simple vista.
Historia Vela é unha das catro constelacións que formaban parte da vella constelación de Argo Navis, o barco dos Argonautas, evidentemente esta constelación fai referencia á vela do citado navío.
Falsa Cruz δ Velorum e κ Velorum, xunto con Avior (ε Carinae) e Aspidiske (ι Carinae) forman o asterismo da Falsa Cruz, versión aumentada pero máis feble da Cruz do Sur, a confusión entre ambas as dúas ás veces dá lugar a erros ó usa-las estrelas para a orientación e a navegación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4. Richard Hinckley Allen, Star Names, Their Lore and Legend, Nova York, Dover, varias datas. "Vela", unha canción de Eugene McGuinness do álbum The Early Learnings of Eugene McGuinness (2008).
Outros artigos Xasón Argonautas Carina Pyxis Puppis Malus
Ligazóns externas Starry Night Photography : Argo Navis Image Star Tales – Argo Navis
Categoría:Constelacións