Sabino Torres Ferrer, nado en Pontevedra o 24 de xuño de 1924 e finado en Madrid o 23 de maio de 2016"Falece en Madrid o escritor e editor pontevedrés Sabino Torres", artigo en Pontevedra Viva, 23 de maio de 2016., foi un editor e escritor galego.
Traxectoria miniatura|dereita|200px|Placa conmemorativa no edificio onde estaba o obradoiro de Gráficas Torres.
Comezou a súa actividade xornalística en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 editou a colección Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi redactor-xefe e subdirector. En 1992 fundou a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez Negreira. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1952.
Obra en galego Ondas do mar comigo, 1997. Trovas de Nadal, 1999. Xograría nova, 2000. Intres de soidade, 2001. As tres columnas, 2008 (narrativa), Galaxia. Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960, 2014, Galaxia. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
Obra en castelán Cuaderno de Carmen, 1949. Versos para la bella Helenes, 2010 (poesía).Ficha na web da Deputación de Pontevedra..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega