Daniel Landesa, nado en Coia (Vigo) en 1976, é un escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía, ten traballado en diversos oficios. Colaborou en varias publicacións (Dorna, Tempos Dixital), e participa habitualmente nos recitais do colectivo Poetas da Hostia, conducidos por Lucía Aldao e María Lado. É un dos coordinadores da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.
Obra Poesía Da casa nova, 2014, Emerxentes.
Narrativa Penumbra, 2019, Colección Fóra de Xogo, Xerais.
Álbums ilustrados Unha sorpresa para Goruk, 2012, Editorial Galaxia.
Obras colectivas Premios da Universidade de Vigo, 2002, Xerais. Sairasme da entraña como última negación, en Coroa poética para Urbano Lugrís, 2011, A nave das ideas. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Caramomia (2023). Vigo: Xerais. Con María Lado, Ledicia Costas, O Hematocrítico. Ilustrador/a: Martín Romero.
Premios Gañador do VIII Premio de Narración Curta Happy Curtis no 2012, por Abercrombie. 1º Premio de Poesía da Universidade de Vigo no 2001. Accésit de Teatro do Premio da Universidade de Vigo no 2001.
Performance Beautiful Juana, 2010. Verbum. Casa das palabras. Xunto ao músico César Carácter. Placentaria, 2010, Verbum. Casa das Palabras. 2010. Xunto á ilustradora María Longa. O medo, 2012, Cidade da Cultura. Xunto ao músico Nacho Muñoz e á fotógrafa Andrea Costas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas ProxectoQ, blog do autor.
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Vigo