A adenoleucodistrofia é unha doenza neurolóxica hereditaria agrupada dentro do grupo das leucodistrofias. Produce unha desmielinización intensa e a morte prematura en nenos.JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes. Esta doenza caracterízase pola presenza dunha dexeneración progresiva da codia suprarrenal e motora cerebral, o que dá lugar a unha insuficiencia suprarrenal ou Doenza de Addison, asociada á desmielinización da substancia branca do sistema nervioso central (sistema formado polo encéfalo e a medula espiñal), con perda da vaíña de mielina de certo tipo de fibras cerebrais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Doenza desmielinizante Leucodistrofia Doenzas tratadas con transplante de precursores hematopoéticos
Categoría:Leucodistrofias