Adolfo Gregorio Espino, nado en Vigo o 25 de abril de 1880 e finado en Madrid o 13 de abril de 1962,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-4-1962, p. 14. foi un perito agrícola, avogado e político galego.

Traxectoria miniatura|300px|Gregorio Espino, Alejandro Viana e o resto da Corporación en decembro de 1926, na despedida do Alcalde. Estudou Maxisterio e foi mestre en Lavadores e despois licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1901). Colaborou na revista Santiago e foi director do periódico La Noche (1915).

Participación política Destacou no movemento antiforista e participou na VII Asemblea Agraria da Coruña (1919), na que defendeu, con Amado Garra, un relatorio sobre redención foral.

De tendencia conservadora, separouse do partido e encabezou unha tendencia que simpatizaba co maurismo e os seus desexos rexeneracionistas na política. Así, en 1922, foi un dos promotores da Liga de Defensores de Vigo dende a que tratou de afastar da vida política viguesa a Urzaiz e os seus seguidores.

En maio de 1923, presentouse ás eleccións a Cortes polo distrito de Vigo, apoiado pola Liga, fronte ao candidato oficialista o ministro de Obras Públicas, Rafael Gasset Chinchilla. Durante a xornada electoral, os apoios institucionais de Gassett levaron a cabo todo tipo de accións: dende manipular o censo, até ameazar a partidarios de Espino ou multar aos que levaban brazaletes ou repartían propaganda deste. Como consecuencia, Gasset conseguiu o escano en disputa.

Porén, aos poucos, como consecuencia da ditadura de Primo de Rivera, este disoveu a corporación viguesa existente e nomeou un goberno provisional composto, sobre todo, por membros da Liga e, posteriormente, dende o 5 de decembro de 1923 ata o 18 de xaneiro de 1927, nomeou a Espino, alcalde de Vigo. Como rexedor municipal conseguiu a cesión, de parte do Marqués de Alcedo, do Parque e do Pazo de Castrelos para a cidade.

Homenaxes Ten unha avenida no barrio vigués da Dobrada co seu nome. miniatura|Confluencia, en Vigo, das rúas Gregorio Espino e Martínez Garrido, ambos alcaldes da cidade. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Alcaldes de Vigo Ligazóns externas "Alcalde discreto" Faro de Vigo, 9/4/2017 .

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela