Benito Rivas Rodríguez, nado en Siador (Silleda) en 1863 e finado no mesmo concello o 7 de xaneiro de 1923, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Benito Rivas Rivas. Secretario do Xulgado municipal de Silleda dende 1899 e principal cacique do concello, foi asasinado por motivos políticos en xaneiro de 1923. Foi pai do tamén político Benito Rivas Fondevila.

Véxase tamén Ligazóns externas

Igrexas, Manuel: "Lume, pistolas e dinamita. Violencia social e política no Deza" (3/9/2012) en Historias de Deza.

Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1923