Pyracantha coccinea M.Roem. é unha especie botánica da familia das Rosáceas, chamada en galego espiño coraleiroAnthos. Sistema de información sobre las plantas de España. Madrid: Fundación Biodiversidad / Real Jardín Botánico (CSIC).

http://anthos.es (e, na zona oriental, espín coraleiro). Alén deste nome, recibe tamén o de piracanto, cultismo usado para as plantas do xénero Pyracantha. É endémico do sueste de Europa, e da China centromeridional. O seu uso en Galiza é ornamental e resérvase á xardinaxe privada, para crear cerramentos e valados espiñentos, ou coma sebe nas autoestradas.

Descrición Ten un aspecto moi semellante ao xénero Cotoneaster, co que se pode chegar a confundir, mais a maior diferenza é que no xénero Pyracantha as follas son dentadas e ademais son espiñentos.

Arbusto perenne ou semiperenne, resistente, de 1,5 a 2 m de altura, aínda que pode pasar dos 3 m. Toro de cor parda cinsenta, pólas espiñentas e intricadas. Follas coriáceas, pecioladas, dentadas, lanceoladas, alternas, brillantes pola face.

Florea na primavera; as flores son moi abundantes, abrancazadas ou amarelas claras miúdas e en acios, con cinco pétalos arredondados. Os froitos maduran dende a fin do verán até o outono; son miúdos e aseméllanse ás mazás bravas ou peros, avermellados, alaranxados ou amarelos; ficando nas pólas durante o outono e mais no inverno. Ten propiedades adstrinxentes e é alimento de numerosos paxaros; para o ser humano non é velenosa mais si algo agre, porén, pode ser cociñada para facer xeleas e marmeladas.

Abrangue dende o sur de Europa até Asia occidental. Cultívase en América do Norte e Europa occidental (incluíndo Galiza) como planta ornamental.

Taxonomía Mespilus foi descrito por Max Joseph Roemer e publicado en Familiarum Naturalium Regni Vegetabilis Monographicae 3: 219–220. 1847. en Trópicos Variedades Pyracantha coccinea var. implexa Lavallée Pyracantha coccinea var. lalandei hort. ex Dippel Pyracantha coccinea var. lalandei Lavallée en Catalogue of life Sinonimia thumb|Flor do espiño de fogo

Cotoneaster pyracantha (L.) Spach Crataegus pauciflora André Crataegus pyracantha (L.) Medik. Gymnopyrenium pyracantha (L.) Dulac Mespilus pauciflora Poir. Mespilus pyracantha L. Pyracantha coccinea var. pauciflora (Poir.) Dippel Pyracantha lucida de Vos Pyracantha pauciflora (Poir.) M.Roem. Pyracantha pyracantha (L.) Voss Pyracantha spinosa de Vos Pyracantha vulgaris Lothelier Timbalia pyracantha'' (L.) Clos

right|250px|thumb|Variedades de espiños de fogo coas bagas de diferentes cores

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información da especie

Categoría:Pyracantha Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Arbustos