Coñécese como invasión musulmá da Península Ibérica, etapa musulmá da Península IbéricaCastro, A. (1965). A realidade histórica de España. México, Porrúa, p. 175.«Perspectivas da filosofía, hoxe». Entrevista a Julián Marías. Lauand, J., en Notandum, Revista Semestral Internacional de Estudios Académicos, Año I N. 1 xaneiro–xuño 1998. ou conquista musulmá de HispaniaRoger Collins, A conquista árabe. 710–794, en Historia de España. Ed. Crítica. ao complexo proceso político e militar que ao longo do século VIII explica a formación e consolidación de Al-Ándalus musulmá, así como a xénese dos principais reinos cristiáns medievais peninsulares.Pérez, J. (2001). «Dos tempos prehistóricos á invasión musulmá», en Historia de España, Crítica, ISBN 84-8432-091-X.

A conquista do Reino Visigodo por dirixentes árabes da dinastía Omeia foi un proceso que durou quince anos, do 711 ao 726, no que se chegou a tomar todo o actual territorio de España e Portugal e parte do sur de Francia, se ben o que era o territorio peninsular do reino estaba completamente conquistado no 720, tras dez anos do inicio da conquista.

Aínda que o proceso en total ocupou todo ese tempo, a cronoloxía non é exacta en canto aos anos e as datas, senón só aproximada, pois as fontes difiren entre si.Neste artigo optouse por unha adaptación que sempre pode atrasarse nun ano segundo que historiador tomemos. Ademais destes anos de conquista, hai que sumar os anos anteriores que os árabes e bérberes musulmáns levaban deseñándoa, recoñecendo o terreo e preparando, ao parecer, futuras alianzas. Debe sinalarse que unha boa parte do groso de musulmáns chegados á península non eran etnicamente árabes, senón bérberes.

Fontes

Os textos árabes son máis ben serodios. As fontes máis antigas datadas con certeza e que falan da conquista da península no seu conxunto son o Ta´rij ( Historia ) do andalusí Ibn Habib (morto cara ao ano 853) e o Futuh Misr ( Conquista de Exipto ) do exipcio Ibn Abd al-Hakam (morto en 871). Trátase, por tanto, de obras redactadas un século e medio despois da conquista. No seu conxunto, os textos latinos son moito máis escasos, pero máis próximos aos acontecementos. O máis importante e coñecido é a Crónica mozárabe de 754; escrita por un cristián que vivía baixo a dominación dos gobernadores musulmáns de Córdoba.http://www.regmurcia.com/servlet/s.Sl?sit=c,373,m,2803&r=ReP-21564-DETALLE_REPORTAJES

Contexto xeral

Un repaso á historia das primeiras conquistas musulmás fainos ver que só a conquista do actual Magreb foi máis custosa (trinta anos), pois noutros puntos a acción dos conquistadores árabes foi máis rápida que na península: seis anos para dominar toda a península arábiga (628 ao 634); catro anos Siria (634 ao 638); cinco anos Exipto (638 ao 643); un ano Tripolitania e Cirenaica, Libia (644); seis Mesopotamia (636 a 642) e oito anos Persia (642 ao 650).

A extensión deste longo proceso de conquista do Reino Visigodo, que requiriu numerosas campañas, constantes reforzos militares e pactos con núcleos resistentes, débese a varios motivos: a escaseza das forzas musulmás que os conquistaron, as constantes loitas e levantamentos dos seus aliados entre os visigodos, a orografía do territorio e a forte base de asentamento social do anterior Reino Visigodo.

Porén, a gran centralización política do reino, a inseguridade causada por bandas de escravos fuxitivos, o empobrecemento da facenda real (especialmente durante o reinado de Vitiza) e a perda de poder do rei fronte os nobres, foron elementos que facilitaron a acción dos conquistadores.

Pero o factor quizais máis importante para a caída visigoda foi a grave crise demográfica do reino, que nos últimos vinte e cinco anos perdeu máis dun terzo da súa poboación. Isto foi debido ás epidemias de peste e aos anos de seca e fame de finais do século VII, especialmente durante o reinado de Ervixio; e que se repetiron tamén con gran dureza baixo o de Vitiza, o antecesor de Rodrigo.

Ademais, existía unha fractura política importante entre dous grandes clans político-familiares godos na súa loita polo trono, e que levaba varios decenios dividindo politicamente o reino e xerando constantes problemas. Dunha parte estaba o clan xentilicio de Vamba-Éxica, ao que pertenceu ou ao que estaba vinculado Vitiza, e doutra o clan de Chindasvinto-Recesvinto, ao que pertencía Rodrigo. Esta situación dividiu o estamento aristocrático-militar en dúas faccións cada vez máis irreconciliables; ata o punto de considerar algunha historiografía aos vitizanos como instigadores e mesmo aliados, explícitos ou oportunistas, dos musulmáns.

Os conquistadores árabes tamén contaron co apoio de parte da poboación xudía, moi numerosa na Bética, na Galia Narbonense, e en toda a conca mediterránea. Estaba presente principalmente nos centros urbanos, salientando, entre outras, as comunidades de Narbona, Tarragona, Sagunt, Elx, Lucena, Elvira, Córdoba, Mérida, Zaragoza, Sevilla, Málaga e da capital, Toledo.

A axuda que os xudeus prestaron aos conquistadores debeuse a que aqueles, na súa maioría conversos forzados pero finxidos, eran reiteradamente fustrigados pola lexislación visigoda (con algunhas excepcións, como cos reis Viterico e Suintila, e contra o criterio de bispos como Santo Isidoro, que os defendía). E sabían, polo que ocorrera no Norte de África, que melloraría a súa situación ao recibir dos gobernantes árabes o mesmo status que a poboación cristiá.

Hai que ter en conta que a maioría dos xudeus foran escravizados baixo o reinado de Éxica (excepto os da Galia Narbonense, coa escusa de que a provincia aínda non se recuperara da última epidemia de peste), baixo a acusación de que conspiraban contra o rei cos árabes do Norte de África. Estes xa realizaran algunhas incursións na península, polo que suscitaba medo unha posíbel colaboración con eles para unha futura conquista.

Esta idea partía dos informes dos cristiáns do norte de África que fuxiran daquela zona, e que informaron do apoio dado aos árabes por parte dos xudeus de alá; o cal era lóxico dado que a súa situación alí era tamén de acoso polo poder bizantino.

Pero ademais dos xudeus etnicamente puros da diáspora, no norte de África había bérberes que profesaban o xudaísmo por proselitismo e mestizaxe, moitos dos cales deron apoio aos árabes na súa conquista, e uníronse a eles (como moitos bérberes cristiáns) por lazos de clientela. Verdade ou pretexto, esta acusación de traizón foi a utilizada contra eles.

Finalmente, as divisións dinásticas internas entre os nobres visigodos sobre a sucesión de Vitiza facilitaron aínda máis o desenvolvemento da conquista.miniatura|300px|Emirato de Córdoba en 929.Unha última precisión, previa ao relato dos acontecementos, é que o reino visigodo tan só cubría o territorio peninsular e a Septimania no sur de Francia. As Baleares estaban baixo soberanía bizantina, e quedaron excluídas do proceso árabe de conquista. Seguiron baixo control bizantino algúns anos máis, para pasar despois a depender, polo menos nominalmente, do reino franco (798), por propia petición, para que os defendese dos ataques árabes. Estes ataques continuaron e houbo varios tratados de paz, pouco respectados, e certa submisión política, ata a conquista polo Emirato de Córdoba entre os anos 902 (Eivisa e Mallorca) e 903 (Menorca).

Antecedentes

Conquistas musulmás no norte de África

Os árabes tiñan plans de conquista para Hispania dende había tempo, tras a inicial conquista do actual Marrocos por Uqba ibn Nafí ao final da década de 670. De feito, consta que no ano 687, baixo o reinado de Ervixio, os árabes realizaron unha primeira incursión contra as costas levantinas.

O propio Uqba comezara no ano 669 a conquista dos territorios bizantinos no norte de África cuxa culminación posterior foi o resultado de máis de 30 anos de guerra, nos que os árabes foron ocupando pouco a pouco a totalidade de África do norte, incluíndo os reinos cristián-bérberes.

Tras os primeiros éxitos dos árabes, a rebelión bérber contra os conquistadores expulsounos de novo ata Libia, chegando os bérberes a tomar a nova capital árabe de Ifriqiya, Qairuán. Os árabes, en sucesivas campañas, conquistaron de novo estas terras, e mesmo os portos con cidades amuralladas que permaneceran sendo bizantinos; como Cartago, que arrasaron, a pesar de contar coa axuda dunha frota bizantina, a finais do ano 697. E aínda tardaron outros oito anos en volver a someter o resto do norte de África, que culminou no ano 705 coa conquista de Tánxer. Todo isto obrigou a pospoñer os plans de conquista de Hispania, ata acabar coa devandita rebelión.

Con anterioridade conquistaron Ceuta (710), fortaleza que fora obxecto de constante loita entre visigodos e bizantinos. A devandita cidade volvera a mans visigodas uns vinte anos antes, aproveitando a caída da África bizantina. Segundo unha lenda moi improbable, o Conde Xulián, gobernador visigodo de Ceuta, cuxa filla, a Caba, fora violada por Rodrigo, proporcionaría axuda loxística ao exército musulmán. Os árabes tamén estiveran recoñecendo o terreo, tenteando as costas españolas con breves ataques e saqueando varias cidades: o primeiro, xa citado, baixo o reinado de Ervixio, e o último en xullo de 710, tras a conquista de Ceuta, co desembarco de Tarif ben Malluk na illa de Tarifa.

Ao parecer, tamén entraran en tratos cos nobres opostos ao rei Rodrigo. Non está claro se os nobres leais aos herdeiros de Vitiza (pode que mesmo o propio rei Akhila II, ao que logo nomearemos) pediron o apoio árabe (como fixo Atanaxildo cos bizantinos, a quen deu en troques unha parte do territorio) pero, en todo caso, a división existente beneficiou aos árabes. Estes, porén, se tal acordo existiu, non o respectaron.

Conflito interno do reino visigodo

A finais do ano 710, Hroþareiks ou Rodericus (coñecido posteriormente como Don Rodrigo) dux da Bética e, ao parecer, neto de Chindasvinto, foi elixido e proclamado rei en Toledo polo Senatus da aristocracia visigoda, tras a morte de Vitiza. Non se sabe con certeza se se sublevara previamente contra ese rei, vencéndoo, pero si que conseguiu a maioría dos apoios na asemblea electoral dos nobres. Era, por tanto, o rei lexítimo, segundo o dereito visigodo.

Porén, un sector da nobreza apoiou a outro rei, Akhila II, que era dux da Tarraconense. Akhila II gobernou no nordeste (no sur de Francia, na actual Cataluña e no val do Ebro, é dicir, as provincias visigodas de Iberia e Septimania, en parte equivalentes ás antigas provincias romanas de Narbonense e Tarraconense) e mesmo acuñou moedas propias. Pode que incluso fose, desde 708, rei asociado a Vitiza, a cuxo clan parece que pertencía (algunhas fontes cítano como fillo seu, aínda que é pouco probable).

O reino, pois, estaba nunha situación de conflito civil ou, polo menos, dividido con algunha clase de acordo de repartición e asociación, como xa ocorrera no pasado. E aos poucos meses de subir Rodrigo ao trono, nunha situación non unánime e vulnerable. Os partidarios de Akhila II enviaron legacións ao norte de África para buscar o apoio militar dos árabes e bérberes do norte de África. A entrada dos efectivos militares árabes comezou a principios do ano 711.

Fases da conquista

Conquista militar do sur da península

Non se coñecen os detalles de con quen negociaron os partidarios de Akhila II o envío de efectivos en favor da súa facción á Península Ibérica. Segundo algunhas fontes, Musa ibn Nusayr, gobernador de Ifriqiya, dependente do walí de Exipto, ordenou ao seu lugartenente, Tariq ibn Ziyad, que iniciase a conquista. Tariq era bérber, ligado por unha relación de clientela cunha tribo árabe, e liberto do gobernador de Ifriqiya, Musa ibn Nusayr. Porén, outras fontes conxecturan que Musa non coñecía os plans de Tariq e que só veu no seu apoio tras coñecer a súa vitoria.