Víctor Manuel Basadre Orozco, nado en Lugo o 18 de febreiro de 1970, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria

Tras unha breve carreira como futbolista que comezou no Sociedade Ximnástica Comercial-Estudantes de Lugo comezou o seu labor como técnico. Os seus primeiros equipos foron da Segunda División B e da Terceira galega coma a SD Castroverde ou a SD Quiroga. Na tempada 1997/98 ficha polo Real Murcia como segundo adestrador e ao ano seguinte faise cargo do filial durante un ano. En 1999 volve a Galiza para dirixir ao CD As Pontes e ao CD Lugo durante uns poucos encontros.

Na tempada 2004-05 pasa a formar parte do equipo técnico do Lorca Deportiva CF, primeiro adestrando nas categorías inferiores e sendo o segundo adestrador de Unai Emery. Na tempada 2004/05 fíxose cargo do primeiro equipo co obxectivo de acadar a salvación trala destitución de José Aurelio Gay e José María Salmerón, porén o equipo rematou descendendo a Segunda División Bhttp://www.laverdad.es/murcia/prensa/20070307/deportes_murcia/victor-basadre-dice-lorca_20070307.html.

Ao ano seguinte pasa a adestrar ao Murcia Deportivo Club de Fútbol na Terceira División, antes de que Unai Emery o chamase para ser o segundo adestrador do Valencia CF na tempada 2009/10Emery entrenará en base a los informes de un lucense.

Na tempada 2010/11 adestrou o Puente Tocinos de Terceira División, que rematou perdendo a categoríahttp://fcpuentetocinos.es.tl/. En xullo de 2011 fíxose cargo do equipo Xuvenil C do Real Murcia

Clubs AnoClubSD CastroverdeSD Quiroga2º Adestrador CP MéridaUD Xove LagoMindoniense1997-19982º Adestrador Real Murcia1998-1999Real Murcia B1999-2000CD As Pontes2000-2001CD Lugo2001-2002SD Noja2002-2003Caravaca CF2004-2008Lorca Deportiva CF2008-2009Murcia Deportivo CF2009-2010Axudante Valencia CF2010-2011FC Puente Tocinos2011-Xuvenil C Real Murcia

Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do CD As Pontes Categoría:Adestradores do CD Lugo Categoría:Adestradores do Lorca Deportiva CF Categoría:Adestradores da UD Xove Lago Categoría:Adestradores do SD Quiroga Categoría:Adestradores do SD Castroverde Categoría:Futbolistas de Lugo Categoría:Adestradores da SD Noja Categoría:Adestradores do Caravaca CF Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do UCAM Murcia Categoría:Adestradores do FC Cartagena Categoría:Adestradores da SD Formentera