José Valado Feijoo, nado en Verea en 1940, é un empresario galego do sector da hostalaría.

Traxectoria A finais da década dos cincuenta emigrou aos Estados Unidos, onde comezou a traballar como camareiro. Na actualidade, e tras unha operación de compra, é o propietario dun grupo empresarial dedicado a labores auxiliares de hostalaría con sede en Washington. Unha das empresas do seu grupo foi a responsable de fornecer o servizo de cátering durante a primeira toma de posesión do presidente estadounidense, Barack ObamaEl 'catering' gallego de Obama, El País, 25/1/2009..

Notas

Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios de hostalería Categoría:Nados en Verea Categoría:Nados en 1940