A amigdalite, tamén coñecida como tonsilite ou anxinas, é a inflamación dunha ou ámbalas dúas amígdalas palatinas, formando placas purulentas que se poden estender á parede lateral da orofarinxe.
Etioloxía Moitas son as causas que poden desencadear unha amigdalite, sobre todo virus e bacterias. As causas máis frecuentes son: A bacteria Estreptococo Betahemolítico do Grupo A (EBGA), comunmente chamada Streptococcus pyogenes (a causa máis común de amigdalite aguda bacteriana). Outras bacterias esptreptocócicas tamén poden provocar amigdalite coma Streptococcus agalactiae, malia non ser o máis habitual. Os adenovirus. O virus da influenza. O virus Epstein-Barr. Os virus parainfluenza. Os enterovirus. O virus do herpes simple.
Amigdalite aguda Clínica É a inflamación das amígdalas palatinas que acontece de xeito agudo, isto é, de poucos días de evolución. Clinicamente maniféstase por: Dor local intensa Voz gangosa Adenopatías cervicais Diminución da mobilidade do veo do padal. Alteracións na deglutición. Ás veces apnea eou dispnea. Pode acompañarse de febre, dor de cabeza e malestar xeral.
Tratamento O médico pode prescribir un antibiótico, se sospeitar unha infección bacteriana. Antiinflamatorios. Calmantes para a disfaxia. Antipiréticos. Gárgaras, que poden facerse cunha solución de auga salgada ou con produtos baseados na iodopovidona.
Amigdalite crónica bacteriana Clínica Ten varias formas de repetición: hipertrofia de amígdalas palatinas, amigdalite de repetición, e amigdalite caseosa. Os xermes acantóanse nas criptas e dan lugar á clínica:
Anorexia Astenia Disfaxia discreta Febrícula Ganglios que non minguan até un tamaño normal Posíbel infección a distancia
Tratamento Analxésicos Penicilina Amigdalectomía, a exéresis cirúrxica das amígdalas baixo anestesia.
Véxase tamén
Outros artigos Amigdalectomía Ligazóns externas Amigdalite. Artigo e vídeo. Amigdalite en saludalia.com
Categoría:Doenzas