Luís Freire García, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo o 13 de decembro de 1997,La Voz de Galicia, 14-12-1997, p. 35. foi un botánico e micólogo galego. Traxectoria Familia
Os seus avós paternos foron Juan Freire Bolaño, traballador de La Voz de Galicia e Bruna Eiroa Pérez, natural de Pravio (Cambre). Sobreviviron tres fillos: Ramón, seu pai, José Andrés (Pepe) e Juan. Tivo dous irmáns, Óscar e Carlos, mais outros 3 por parte de nai, do seu primeiro matrimonio. Seu medio irmán Octavio foi "paseado" a comezos do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 por estar vinculado á CNT.
Criouse entre os 3 e os 12 anos en Vilalba, en casa dos seus avós maternos, volvendo despois á Coruña. Estudou por libre o bacharelato elemental en só dous anos, despois fixo a reválida e o bacharelato superior. Exerceu de practicante. Posteriormente desenvolveu a afección polo estudo dos insectos, arañas e plantas.
Casou en 1938 con Josefa Mallo Zas, Pepucha, e tivo catro fillos: Margarita, Alberto, César e Miguel Ángel. Seu domicilio estaba en Antonio Lens, hoxe Orquestra Sinfónica de Galicia.
Formación Comezou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela aos 57 anos, tras enviuvar, rematando en catro anos (1975) e realizando posteriormente a tese de licenciatura e a tese de doutoramento, no 1981, sobre "Macromicetos da Selva Negra".
Impartiu clases de Botánica, e a súa aula estaba tan concorrida que moitos alumnos asistían de pé «porque non se cabía», recorda Marisa Castro Cerceda, a compañeira de Luís e tamén micóloga de prestixio."Luis Freire, los «boletus», la sabiduría". Alfonso Andrade en La Voz de Galicia, 29-10-2016.
Codirixiu cinco teses de licenciatura sobre flora e micoloxía de Galicia mentres preparaba a súa de doutoramento, ás que hai que engadir outras oito posteriormente. Publicou máis de 40 artigos, 4 libros e dirixiu dúas teses de doutoramento de temática micolóxica.
O seu labor micolóxico queda de relevo tendo en conta de que o catálogo de cogomelos de Galicia incluía seiscentas especies até a irrupción de Luís Freire; hoxe conta cunhas dúas mil, despois de que el mesmo elevase o seu número en varios centos, incluído o achado para a ciencia de tres novas especies: Amanita porrinensis L. Freire & M . L. Castro ex M. L. Castro, Gyroporus ammophilus M. L. Castro & L. Freire, e Psathyrella ascarioides L. Freire & J. M. Losa.Psathyrella ascarioides L. Freire & J. M. Losa 1977 , in Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural 75: 9.Psathyrella ascarioides en Mushroom Observer, Inc.
Foi membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural —que presidiu desde 1980 a 1986—, do Grupo Botánico Galego, do Grupo Micolóxico Galego e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.Biografía en Museos Científicos Coruñeses.Homenaje a Luís Freire, uno de los grandes micólogos de Galicia , en Hifas da Terra.
Recoñecementos Ten unha rúa dedicada co seu nome na Coruña, situada na urbanización Breogán. A petición foi feita pola súa familia e avalada sendo alcalde Javier Losada.
Desde 1999 os Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, organizan o Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares. Este certame ten como obxectivo promover entre os estudantes galegos valores como a creatividade e a imaxinación científicas, a constancia ou o espírito crítico.
Abreviatura A abreviatura L. Freire emprégase para recoñecelo como autoridade na descrición e taxonomía en botánica (en sentido amplo).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Castro, Marisa (2000): Guía dos cogomelos comúns de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-83-02-542-6.
Ligazóns externas Asociación de Amigos da Casa das Ciencias Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares
Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Botánicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Micólogos