Pier Luigi Bersani, nado o 29 de setembro de 1951 en Bettola, é un político italiano.

Traxectoria política Foi presidente da rexión de Emilia-Romaña entre 1993 e 1996. Deixou ese cargo para facerse ministro de industria e comercio da nación baixo as presidencias de Romano Prodi e Massimo D'Alema, posto que ocupou durante tres anos, até que en 1999 foi designado ministro de transporte. Deixou o ministerio en 2001, baixo o goberno de Giuliano Amato. Bersani foi membro da cámara de deputados de Italia dende 2001 pola rexión de Emilia-Romaña, e foi elixido de novo por Romano Prodi para facerse cargo dun ministerio en 2006, neste caso o de Desenvolvemento, no cal estivo durante dous anos. En 2009 foi elixido secretario xeral do Partido Democrático.

En 2013 formou unha coalición de partidos de esquerda e presentouse ás eleccións xerais como candidato a Primeiro Ministro de Italia, gañando as eleccións mais sen acadar a maioría absoluta.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Pier Luigi Bersani

Categoría:Políticos de Italia Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na provincia de Piacenza Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña