O pazo de Trasfontao é unha construción señorial situada no lugar de Trasfontao, na parroquia de Silleda, no concello do mesmo nome. De estilo barroco, os edificios que o conforman datan do século XVIII.

Situado a carón da Vía da Prata, está rodeado por un muro dun par de metros de alto. Dentro do recinto, destacan, ademais do propio pazo, o pombal, así como a capela, situada ao pé da Vía. Alberga distintos escudos de armas de liñaxes como a dos Montenegro, Mosquera ou Oxea. Nas proximidades sitúase unha carballeira con exemplares centenarios.

En 2012 puxéronse en marcha as obras de rehabilitación da construción, valoradas en 1,3 millóns de euros"Los propietarios del Pazo de Trasfontao inician su rehabilitación para uso privado", artigo de Blanca Paz no Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2012 ..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pazos de Galicia

Categoría:Silleda Trasfontao Categoría:Silleda sen imaxes