San Pedro de Brandomil é unha parroquia do concello de Zas, na comarca da Terra de Soneira, provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 225 habitantes (129 mulleres e 96 homes), o que representa unha diminución con respecto o ano 1999. Ten sete entidades de poboación.

O seu xentilicio é brandomilés.

Historia A aldea de Brandomil serviu ó poeta galego Eduardo Pondal para pórlle nome ó heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos.

Xeografía Linda coas parroquias de San Tirso de Muíño e Santa María de Brandoñas no propio concello de Zas, e con San Cosme de Antes, San Mamede de Alborés, e Santo Tomé dos Vaos no concello de Mazaricos.

Etimoloxía O termo Brandomil pola súa terminación aparenta formar parte do conxunto de topónimos de orixe xermánica (sueva), aínda que Moralejo Lasso, Martínez Lema, Cabeza Quiles, Lema Suárez e Evaristo Domínguez apuntan a un hidrónimo Grandimirum/Glandomiron céltico indoeuropeo prelatino.Parroquia de Brandomil no concello de Zas, por Evaristo Domínguez e Lema Suárez (páxina 2)

Festas Nesta parroquia celébranse catro festas: santo Antonio o primeiro domingo de xuño, o patrón san Pedro o 29 de xuño, o Santísimo Sacramento o 30 de xuño e san Miguel o 29 de setembro.

Patrimonio A ponte de Brandomil é do século XVI. As últimas teorías arqueolóxicas sitúan aquí o núcleo romano de Claudionerium .

Lugares e parroquias Lugares de Brandomil

Parroquias de Zas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Zas Ponte de Brandomil

Ligazóns externas O Seminario de Onomástica responde: Brandomil (Xosé María Lema, 4.11.2025)

Categoría:Parroquias de Zas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía