True North é o décimo sexto álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Bad Religion, publicado a travñes do selo Epitaph Records o día 22 de xaneiro do 2013. Despois de xirar para promover o seu anterior traballo, The Dissent of Man (2010), Bad Religion comezou a compoñer material novo para un disco planedado para o ano 2012. Durante a súa xira do 2011, o líder da banda Greg Graffin afirmou que Bad Religion faría "un disco máis e despois todos eles uniríanse á Mariña, para facer un traballo honrado", o que levou á especulación de que a banda se separaría. As sesións de gravación tiveron lugar en xullo e agosto do 2012 en Joe's House of Compression, un estudio propiedade de Joe Barresi, que produciu o álbum.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Bad Religion Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums producidos por Brett Gurewitz Categoría:Álbums producidos por Joe Barresi Categoría:Álbums de Epitaph Records