HEAO 3 (acrónimo de High-Energy Astronomy Observatory 3) foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 20 de setembro de 1979 mediante un foguete Atlas-Centaur desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
Características HEAO 3 formou parte dunha serie de tres observatorios espaciais adicados á observación no rango dos raios X e raios gamma, continuando o traballo feito por satélites como o ANS, os satélites das series OSO e SAS e os satélites Vela.
A misión de HEAO 3 era facer unha exploración de todo o ceo en raios gamma e raios cósmicos. Foi lanzado cunha inclinación orbital máis alta que HEAO 1 e HEAO 2 debido a que estaba máis enfocado ó estudo dos raios cósmicos, que penetran mellor na magnetosfera terrestre cerca dos polos. Os obxectivos principais eran determinar a composición isotópica dos raios cósmicos con masas atómicas entre 7 e 56, buscar raios cósmicos formados por núcleos superpesados, de masas de ata 120, e estudar a intensidade, espectro e evolución temporal de fontes de raios gamma e X con enerxías entre 0,06 e 10 MeV.
HEAO 3 foi inxectado nunha órbita inicial de 504 km de apoxeo e 485 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 43,6 graos e un período de 94,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de decembro de 1981.
Experimentos HEAO 3 levaba a bordo catro experimentos:
Espectrómetro linear de raios gamma. Detector de núcleos pesados. Espectrómetro de escudo para raios gamma. Medidor de composición isotópica de raios cósmicos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos HEAO 1 HEAO 2
Ligazóns externas Páxina de HEAO 3 en HEASARC (NASA)
Categoría:Observatorios espaciais