San Salvador de Pacios da Serra é unha parroquia do concello de Quiroga, na Provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 39 habitantes. En 1991 tiña 67 habitantes agrupados nas entidades de Leixazós, Pacios da Serra e Penas Rubias, cunha densidade media para o mesmo ano de 2,9 hab./km².
Xeografía Está situada entre os concellos de Quiroga e Folgoso do Courel. Limita con Folgoso e Seara polo norte, Hospital, Fisteus e Bustelo de Fisteus polo sur, Outeiro e Seara polo leste e Vilamor e A Ermida polo oeste.
Na zona hai varias canteiras de lousa.
Patrimonio O templo parroquial, reformado recentemente, conserva vestixios da época medieval.
Lugares e parroquias Lugares de Pacios da Serra
Parroquias de Quiroga
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Quiroga
Categoría:Parroquias de Quiroga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador