Galicia Ilustrada foi unha revista galega editada na Habana en 1891.

Historia e características Subtitulada Revista científica, literaria, artística y humorística, apareceu o 19 de setembro de 1891. De periodicidade quincenal, estaba dirixida por José Romero Hiáñez de Freire, Julio de la Cuesta era o redactor xefe e Miguel A. Matamoros e Marcelino Vidales foron os administradores. Incluíu artigos sobre actualidade e cuestións literarias e filosóficas, ademais de citas e poemas.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Xornais e revistas de Cuba enciclopediadaemigraciongalega.com

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana Categoría:1891 Categoría:Revistas científicas Categoría:Revistas humorísticas