Hipparcos (denominado así en honor ó astrónomo grego Hiparco) foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 8 de agosto de 1989 mediante un foguete Ariane 44LP desde o Centro Espacial de Kourou.
Características Hipparcos foi un observatorio espacial adicado a facer astrometría de alta precisión de 100.000 estrelas co fin de obter a súa paralaxe e posición.
A estrutura do satélite estaba formado por dúas plataformas e seis paneis verticais de aluminio. A alimentación eléctrica era proporcionada por tres paneis solares despregables que proporcionaban ata 295 vatios de potencia. Hipparcos estabilizábase mediante xiro a unha velocidade de 12 voltas sobre si mesmo por día e a un ángulo de 43 graos con respecto do Sol.
O único instrumento a bordo de Hipparcos era un telescopio de tipo Schmidt capaz de superpoñer no seu plano focal dous campos de visión separados por 58 graos. O plano focal usaba un sistema de reixas composto por bandas alternantes opacas e transparentes tras do cal atopábase un tubo óptico capaz de obter a fase da luz das estrelas observadas, a partir do cal, comparando fases de estrelas dos diferentes campos de visión proxectados no plano focal, podíase derivar con precisión o ángulo entre as estrelas observadas. Adicionalmente, un sistema fotomultiplicador, denominado Tycho en honor a Tycho Brahe, medíu fotométrica e astrometricamente (nas bandas B e V) 400.000 estrelas adicionais menores de magnitude 11.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Hipparcos na ESA
Categoría:Observatorios espaciais Categoría:Axencia Espacial Europea