Columnas de Hércules é o nome dado na antigüidade ás costas que bordean o estreito de Xibraltar por ambas as dúas beiras. O nome fai referencia a Xibraltar (Calpe en latín) ao norte, na costa europea, e ao monte Abila (mons Abila), hoxe Djebel Musa, ao sur, ao lado de Ceuta, na costa africana. As columnas recibiron o seu nome do heroe mitolóxico grego Heracles (en galego, por vía latina: Hércules). Segundo a cronoloxía xeográfica dos gregos, as columnas de Hércules constituían o comezo do mundo e foran derrubadas polo semi-deus.

A creencia de que máis aló delas non había nada provocou a creación do lema Non Plus Ultra, que co descubrimento de América derivaría en Plus Ultra.miniatura|Monumento ás Columnas de Hércules, no Territorio Británico de Ultramar de Xibraltar.|centro Véxase tamén

Outros artigos

Columnario

Categoría:Xibraltar Categoría:Columnas Categoría:Ceuta Categoría:Mitoloxía romana Categoría:Heracles Categoría:Lugares da mitoloxía grega