Daniel García Ramos, nado na Baña o 16 de abril de 1933 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1998, foi un xuíz galego.
Traxectoria Foi xuíz de Bande e A Estrada e despois maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990). Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística na xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en Grial.
Obras O réxime xurídico da lingua galega, 1990.
Obras colectivas Contos da Xustiza, 1991.
Recoñecementos I Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística (1991), no Concello da Estrada.
Véxase tamén Ligazóns externas Daniel García Ramos, a forza da palabra, documental sobre a súa figura.
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1998