A Banda de música de Lamela foi unha agrupación musical fundada no ano 1863, na parroquia de Lamela, no concello de Silleda.

Historia Chegaron a ser máis de 25 membros, pero segundo Enrique Alvarellos: Se supone que no debían tocar demasiado bien, ya que, a donde iban, lo mejor que les podía suceder era escuchar silbidos.... Un dos seus directores foi Ramón de Lago, que se mantivo bastante tempo á fronte da banda. Acabou por disolverse no ano 1915, debido á emigración de parte dos compoñentes a América e á vellez doutros. Ante esta situación, algúns integráronse na de Orazo.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Silleda Categoría:Música de Galicia sen imaxes