Ignacio Gárate Bergareche, nado en Durango (Biscaia) o 5 de xaneiro e 1929 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 2007, foi un futbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Na tempada 1954–55 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado por Eduardo Toba. Formou parte do mediocampo titular, xunto con Juananco, Pedro Bazán e Julián Cuenca, participando en 16 partidos e anotando 2 goles. Na tempada 1955–56 participou tan só en 2 encontros.

Persoal Foi irmán do tamén futbolista Francisco Gárate.

Palmarés Athletic Club Copa Eva Duarte: 1950–51

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en athletic-club.net

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados en Durango, Biscaia Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do SCD Durango Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña