A tempada 2002-2003 da Zurich Premiership foi a décimo sexta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Zurich do seu principal patrocinador, unha empresa aseguradora. Esta edición foi a primeira na que o campionato contou cunhas eliminatorias finais polo título tralo remate da tempada regular.
Formato da competición O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto bonus por anotar 4 ensaios ou máis nun encontro (BO). 1 punto bonus por perder un encontro por 7 puntos ou menos de diferenza (BD).
A liga comezou o 30 de agosto de 2002, e rematou o 31 de maio de 2003 coa gran final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres.
Táboa Zurich Premiership — Tempada 2002/03PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1º 20px Gloucester 82 22 17 2 3 7 3 2º 20px Wasps 67 22 13 2 7 6 5 3º 20px Northampton 62 22 13 0 9 5 5 4º 20px Sale 62 22 12 2 8 8 2 5º 20px Leeds 58 22 12 2 8 1 5 6º 20px Leicester 55 22 12 0 10 4 3 7º 20px Harlequins 44 22 9 0 13 3 5 8º 20px Saracens 42 22 8 0 14 5 5 9º 20px Irish 40 22 8 1 13 2 4 10º 20px Newcastle 40 22 8 0 14 3 5 11º 20px Bath 36 22 7 2 13 1 3 12º 20px Bristol 36 22 7 1 14 3 3<<<< 2001/02 — Tempadas — 2003/04 >>>>
En azul os equipos de play offs polo título (1º, 2º e 3º). En rosa o equipo descendido (12º).
Semifinais e final
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Premiership
Categoría:Liga inglesa de rugby Categoría:Rugby en 2003