Antón Sánchez García, nado en Alacant en 1974, é un enxeñeiro técnico, sindicalista e político galego de Anova, do cal foi o portavoz nacional dende 2017 ata 2022.

Traxectoria Enxeñeiro técnico en xardinería e hortofruticultura pola Escola Politécnica de Lugo, dedicouse á produción hortícola ecolóxica en Bergondo. Membro do Sindicato Labrego Galego, foi coordinador nacional do sector de horta (2006-2008) e forma parte da dirección nacional. É membro da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos como representante do sector agrícola. En 2007 foi elixido concelleiro en Bergondo polo BNG. Nas eleccións municipais de 2011 foi o candidato á alcaldía, mantendo as 2 actas coas que contaban os nacionalistas. Se ben apoiou a continuidade da alcaldesa socialista Alejandra Pérez Máquez na investidura, optou por permanecer na oposición.

Membro de Encontro Irmandiño, en marzo de 2012 abandonou xunto cos seus compañeiros o BNG. Trala conformación de Anova-Irmandade Nacionalista aos poucos meses pasou a ser militante e membro da súa Coordinadora Nacional, sendo o esponsable da área de Medio Ambiente e sostibilidade. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia da Coruña e foi elixido deputado. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 volveu ser elixido deputado autonómico, nesta ocasión por En Marea. En marzo de 2017, sucedeu a Xosé Manuel Beiras como portavoz nacional de Anova. Permaneceu como deputado autonómico ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, ás cales optou por non concorrer. Continuou exercendo como portavoz nacional de Anova ata a súa dimisión en xuño de 2022.

Vida persoal É fillo de Manuel Sánchez Pérez, Crisanto, concelleiro en Bergondo e posteriormente en SadaEl hijo de Crisanto toma el relevo 30 años después. Acompañou ao seu pai nos postos honoríficos das candidaturas que este encabezou en Sada en 1995 e 1999, Esquerda Unida-Esquerda Galega e Esquerda de Galicia respectivamente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia pola AGE Categoría:Nados en Alacant Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1974 Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista Categoría:Políticos do BNG Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia