A tempada 2004-2005 da Zurich Premiership foi a décimo oitava edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Zurich do seu principal patrocinador, unha empresa aseguradora.

Formato da competición O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Posteriormente os 3 primeiros equipos da táboa pasaron a disputar a fase final de eliminatorias polo título.

O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto bonus por anotar 4 ensaios ou máis nun encontro (BO). 1 punto bonus por perder un encontro por 7 puntos ou menos de diferenza (BD).

A liga comezou o 4 de setembro de 2004, e rematou o 14 de maio de 2005 coa gran final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres.

Táboa Zurich Premiership — Tempada 2004/05PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1º 20px Leicester 78 22 15 3 4 9 3 2º 20px Wasps 73 22 15 1 6 6 5 3º 20px Sale 60 22 13 0 9 4 4 4º 20px Bath 58 22 12 2 8 1 5 5º 20px Saracens 57 22 12 2 8 3 2 6º 20px Gloucester 47 22 10 1 11 3 2 7º 20px Newcastle 47 22 9 2 11 3 4 8º 20px Leeds 43 22 9 0 13 1 6 9º 20px Worcester 42 22 9 0 13 1 5 10º 20px Irish40 22 8 0 14 1 7 11º 20px Northampton 40 22 8 0 14 2 6 12º 20px Harlequins 38 22 6 1 15 3 9<<<< 2003/04 — Tempadas — 2005/06 >>>>

En azul os equipos de play offs polo título (1º, 2º e 3º). En rosa o equipo descendido (12º).

Semifinais e final

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Premiership

Categoría:Liga inglesa de rugby Categoría:Rugby en 2005