Los 15 hermanos foi unha empresa galega de alimentación de Ferrol adicada ás bebidas e refrescosImaxe dun dos camións da empresa. Foi unha das máis coñecidas da zona xunto con manancial de Lanzós. Na zona de Ferrol chegou a haber 16 marcas de gasosas.

Empresa O nome da empresa: Los 15 hermanos, ven dos 15 irmáns que formaban e traballaban no negocio familiar. Tiña a súa sede na rúa Alcalde Usero, no barrio do Inferniño de Ferrol onde producía gasosas e refrescos de sabores así como sifóns. O seu mercado como empresa estaba en Ferrol e na zona máis próxima da ría de Ferrol e chegando ata As Pontes de García Rodríguez sendo unha marca moi coñecida.

O seu logo era un sinxelo e rechamante cartel metálico de cor azul de 50 cm x 35 cm formado co nome Los 15 hermanos e 15 siluetas en amarelo que se podían ver nas portas das tendasGaseosa "los 15 hermanos". A empresa desapareceu do mercado a principios dos anos 1990 pola chegada das grandes superficies cas súas distribuidoras, a competencia das grandes marcas, a desaparición das pequenas tendas de barrio e o troco das botellas retornables ás botellas dun só uso.

Marcas de gasosas da zona de Ferrol

En Ferrol: La Barca Aullón Pibal Los 15 Hermanos La Pilarica Mugardos Zárate La Pitusa La Deliciosa Valdoviño Lanzós Cedeira Arribí, actualmente a empresa adícase á venda de empanadas galegas. Ortigueira Lagarea Fene Calviño La Moderna Yris La Casera Narón J.Montero, a empresa segue na venda de refrescos. Neda Aguas de La Basana

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Aquellas gaseosas y licores de la comarca. La Voz de Galicia Chapas de gaseosa los 15 hermanos

Categoría:Empresas de alimentación de Galicia