miniatura|300px|Lucas Ordóñez coa camiseta do HC Liceo en 2013. Lucas Ordóñez Villavicencio, nado o 21 de setembro de 1988 en San Juan (Arxentina), é un xogador arxentino de hóckey a patíns que xoga na demarcación de dianteiro. Dende a tempada 2012-13 xoga no HC Liceo da Coruña.

Ao longo da súa carreira deportiva vestiu a camiseta de moitos equipos, tanto na Arxentina como en Europa: UVT, o Banco Hispano e o Estudiantil da liga arxentina; o Cerdanyola e o Tenerife na súa primeira etapa na OK Liga; o Follonica na liga italiana; e o Vic na súa segunda etapa na OK Liga antes de chegar ao equipo herculino.

É tamén un fixo na selección arxentina, coa que se proclamou campión da Copa América en 2008.

Palmarés CDU Estudiantil Campionato arxentino

AP Follonica Copa de Italia

CP Vic Supercopa de España (2010)

HC Liceo 1 Copa Continental: 2012 1 Copa Intercontinental: 2012 1 OK Liga: 2013

Selección arxentina 1 Copa América (2008)

Véxase tamén

Ligazóns externas Lucas Ordóñez na páxina web do HC Liceo

Categoría:Xogadores de hóckey a patíns da Arxentina Categoría:Nados en 1988 Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Nados na provincia de San Juan Categoría:Xogadores do FC Barcelona (hóckey a patíns)